Diferenzas entre revisións de «O Castro de Ouro, Alfoz»

m
→‎Patrimonio: arranxiño
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética)
m (→‎Patrimonio: arranxiño)
O '''[[castelo do Castrodouro]]''' foi levantado sobre un antigo castro celta e domina o val que rega o [[río Ouro]]. Hai quen di{{Quen}} que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos [[Reis Católicos]]. Antigamente foi propiedade da [[diocese de Mondoñedo]], que o perdeu por causa do mariscal e posteriormente o volveu recuperar. A torre foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do [[século XX]] para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Co tempo foi quedando para a casa do Concello, mais no 1990, co traslado deste ao lugar da Seara, quedou convertida no [[Museo do Mariscal]]. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse a Torre da Homenaxe, a capela e restos das murallas, con partes visibles de foxos e contrafoxos. A Torre é de construción cúbica de tres plantas construída en perpiaño de granito e coroada por ameas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está declarardo [[Ben de Interese Cultural]].
 
A '''Leira Galea''', tamén coñecida como o Museo da Auga, encóntrase situada nun pazo do século XVIII e reconvertido nunha casa de turismo rural. Toda a leira foi pensada e deseñada coma lugar de repouso, con xardíns que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruído, o batán e unha sinxela capela a carón do pazo. O pazo está acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispón dunha [[lareira]] tradicional cos utensilios propios. Unha pontella de madeira cruza as augas do riorío Ouro e dá acceso ao vello [[muíño]] e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Pódese percorrer o ''Paseo dos Caladiños'', o ''Camiño Feiticeiro'' e chegar até o merendeiro de [[Filipe II de España|Filipe II]].
 
== Galería de imaxes ==
107.249

edicións