Poruchik Kizhe (Prokofev): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Ligazóns internas cara anos, datas e meses do ano.
Liña 2:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Kije1934.jpg|250px|miniatura|Do cartel promocional do filme, de Izrail Bograd.]]
A música de '''''Poruchik Kizhe''''' ({{Lang-ru|'''''Поручик Киже'''''}}, traducible ao [[Lingua galega|galego]] como ''O tenente Kizhe'') de [[Sergei Prokofev]] concibiuse orixinalmente como un acompañamento musical ao [[Poruchik Kizhe (filme)|filme do mesmo nome]], producido polos [[Belarusfilm|estudos Belgoskino]] en [[San Petersburgo|Leningrado]] entre [[1933]] e [[1934]], e estreado en [[marzo]] dese mesmo ano. Constitúe o primeiro intento de Prokofev de compoñer [[música cinematográfica]], e o primeiro encargo que recibiu da [[Unión Soviética]] logo do seu exilio pouco despois da [[Revolución de Outubro|Revolución de outubro de 1917]]. Posteriormente, Prokofev adaptou a música nunha [[suite]] orquestral, o seu [[Opus (música)|Op.]] 60.
 
Nos inicios do [[cine sonoro]], varios compositores destacados estaban a desexar introducirse no novidoso campo da música de cine, mais Prokofev non era a elección natural para este encargo. Establecido en [[París]] por case unha década, a súa música caracterizábase pola experimentación e a [[disonancia]], calidades que non concordaban coas [[Cultura da Unión Soviética|regras culturais predominantes do réxime soviético]]. Aínda así, Prokofev estaba a prepararse para regresar á súa patria, e considerou o encargo do filme como unha oportunidade para escribir música nun estilo máis popular e accesible.
 
Logo da exitosa estrea do filme, a suite en cinco movementos de ''Poruchik Kizhe'', interpretouse por primeira en [[decembro]] de 1934, e de seguido converteuse nunha peza habitual do repertorio concertístico internacional. Segue a ser unha das obras máis coñecidas do compositor e ten sido gravada en numerosas ocasións. Partes da partitura foron empregadas en varios filmes posteriores, e en dúas populares cancións lanzadas durante a [[Guerra Fría]].
 
== Contexto ==
=== Compositor expatriado ===
[[Ficheiro:Sergei Prokofiev 02.jpg|miniatura|Sergei Prokofev en 1918.]]
Oriúndo de [[Ucraína]], [[Sergei Prokofev]] graduouse no [[Conservatorio de San Petersburgo]] en [[1914]], e daquela xa era coñecido como un compositor de vangarda.{{sfn|Steen|2009|p=841}} O biógrafo Israel Nestyev afirma que o [[Concerto para piano n.º 2 (Prokofiev)|Segundo Concerto para Piano]] de [[1913]] foi «o billete de entrada de Prokofev aos círculos máis altos do modernismo ruso».{{sfn|Nestyev|1960|p=75}}
 
Cando estalou a [[primeira guerra mundial]] en [[agosto]] de 1914, Prokofev esquivou o servizo militar, posiblemente porque era o único fillo dunha viúva. Durante os anos de guerra continuou compoñendo; en [[maio]] de [[1918]], no período de revoltas logo da [[Revolución de Outubro]] e o comezo da [[Guerra civil rusa|guerra civil]], Prokofev obtivo permiso para viaxar ao estranxeiro, e partiu con destino a América.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "USA, 1918–22" 2007}} Os seus biógrafos defenderon que «non fuxiu do país»; senón que se embarcou nunha xira de concertos, a cal decidiu prorrogar convencido de que lograría mellores perspectivas profesionais en América e Europa occidental.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "USA, 1918–22" 2007}}{{sfn|Emerson|2004|p=155}} Permaneceu en América ata marzo de [[1922]], cando decidiu marchar, establecéndose primeiro na pequena localidade de [[Ettal]] e posteriormente, dende outubro de [[1923]], en París.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "Europe, 1922–36" 2007}}
 
As autoridades soviéticas, máis que tratar a Prokofev como un fuxitivo ou un exiliado, elixiron consideralo como un embaixador xeral da cultura soviética,{{sfn|Morrison|2009|pp=1–2}} e o compositor devolveu o favor ao rexistrarse en Francia como cidadán da recentemente creada [[Unión Soviética]], fundada en 1922.{{sfn|This Day in History 30 December 1922}} O compositor expresou o seu apoio aos desenrolos políticos da súa patria natal, e mantívose proclive a volver iniciar relacións cos seus compatriotas.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography: "Contacts with the Soviet Union" 2007}} Foille outorgado o tratamento preferente cando realizou a súa primeira visita á Unión Soviética en [[1927]] con motivo dunha xira de concertos. Posteriormente realizou outras visitas, e en [[1930]] Prokofev instalouse nun piso en [[Moscova]], a pesar de que París seguiu a ser a súa casa principal. Durante este período de achegamento decidiu simplificar a súa linguaxe musical conscientemente con miras a facelo compatible coa [[Arte soviética|concepción oficial soviética da arte]].{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography: "Contacts with the Soviet Union" 2007}}
 
=== Auxe da música cinematográfica ===
Nos primeiros anos do [[cine mudo]], a partir da década de 1890, as películas adoitaban acompañarse con música en vivo, frecuentemente improvisada, mediante un piano ou [[harmonio]]. A principios do século XX, os cines máis grandes comezaron a empregar orquestras, que acompañaban a película con música clásica de dominio público ou, de xeito cada vez máis frecuente, bandas sonoras orixinais. A partitura da película clásica de [[1916]] ''[[The Birth of a Nation]]'' de [[Joseph Carl Breil]], creada a partir de varias obras de música clásica así como de traballo propio, supuxo un fito na historia da música cinematográfica e inspirou a compositores importantes da época a compoñer música para filmes mudos. Entre eles cabe destacar a [[Victor Herbert]] e [[Mortimer Wilson]] dos [[Estados Unidos]], a [[Darius Milhaud]] e [[Arthur Honegger]] de [[Francia]], e [[Gottfried Huppertz]] e [[Edmund Meisel]] de [[Alemaña]].{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}}
 
En 1927, desenrolos posteriores na tecnoloxía do son posibilitaron a aparición das «imaxes parlantes». Ao principio, a música de acompañamento gravábase en disco de xeito separado das imaxes, mais en dous anos o sistema «Movietone» permitiu capturar o son na propia cinta do filme.{{sfn|Hanson 1998}} Xa era posible aliñar a música coa acción en pantalla seguindo un enfoque diexético. Os primeiros en empregar este método foron os alemáns [[Friedrich Hollaender]] e [[Karol Rathaus]], que compuxeron a música para os filmes ''[[Der blaue Engel]]'' (1930) e ''[[Der Mörder Dimitri Karamasoff]]'' ([[1931]]).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}} Daquela, na Unión Soviética, [[Dmitri Shostakovich]] comezara unha prolífica carreira como compositor de bandas sonoras, cos filmes ''[[Novyy Vavilon]]'' ([[1929]]) e ''[[Odna]]'' (1931).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}}{{sfn|Soviet era music: Shostakovich}}
 
En [[1932]] os estudios cinematográficos Belgoskino de Leningrado,{{refn|Os estudios Belgoskino trasladáronse a Minsk en [[1938]] e foron renomeados como Belarusfilm.{{sfn|Belarus Cinema}} |group="lower-alpha"}} que se encontraban planificando o seu proxecto do filme ''[[Poruchik Kizhe (filme)|Poruchik Kizhe]]'', recorreron ao expatriado Prokofev para a música do filme. A elección de Prokofev foi sorprendente por varios motivos: daquela era máis coñecido no estranxeiro que dentro da Unión Soviética e a súa fama como compositor disonante precedíalle. Ademais, o seu ballet ''Le pas d’acier'' fracasara por completo na súa estrea nacional no [[Teatro Bolshoi]] en 1929.{{sfn|Jaffé|2014}} A primeira reacción do compositor ruso foi a de rexeitar o encargo. Un membro da produción lembra que Prokofev «rexeitou de xeito categórico a miña proposta. Tiña gran parte do seu futuro xa programado, xamais escribira música para filmes e non sabía que "tipo de salsa" levaban».{{sfn|Robinson|1998|p=268}} Mais, atraído pola historia, Prokofev mudou rapidamente de parecer e aceptou, vendo o seu primeiro proxecto no mundo da música para longametraxes como unha oportunidade para probar a súa habilidade para gustar ao público de masas soviético.{{sfn|Jaffé|1998|pp=129–32}}{{sfn|Robinson|1998|p=278}}
 
== Filme de 1933 ==
{{AP|Poruchik Kizhe (filme)}}
=== Orixe ===
O filme ''[[Poruchik Kizhe (filme)|Poruchik Kizhe]]'' foi un dos primeiros filmes sonoros producidos na Unión Soviética.{{sfn|Jaffé|2014}} A orixe da historia hai que buscala no guión de 1927, obra do crítico e novelista [[Yury Tynyanov]], para o director de cine soviético [[Sergei Yutkevich]]. Este proxecto non chegou materializarse e Tynyanov adaptou o texto nunha novela curta que publicouse en [[xaneiro]] de [[1928]]. A comezos da década de 1930, os estudios Belgoskino de Leningrado comunicaron o seu interese en producir o filme e acudiron a Tynyanov, quen produciu un segundo guión.{{sfn|Yampolski|1998|p=193}} A historia, en palabras do biógrafo de Prokofev, Harlow Robinson, é «unha sátira da estupidez da realeza e o pavor particular dos rusos de desagradar ao seu superior».{{sfn|Robinson|1998|p=278}} Prokofev considerábase a si mesmo daquela «obstinado e temeroso de caer no academicismo»;{{sfn|Howard|2015}} un crítico posterior pensou que a historia de Kizhe era perfecta para «un compositor cun enxeño cáustico e humor agudo».{{sfn|McBurney|2015}}
 
=== Argumento ===
Liña 47:
Pouco despois de estrearse o filme, Prokofev recibiu un encargo da [[Orquestra Sinfónica Tchaikovski da Radio de Moscova|Orquestra Sinfónica da Radio de Moscova]] para crear unha suite orquestral a partir da música para o filme ''Kizhe'' {{sfn|Bartig|2007}}—probablemente o primeiro exemplo dun arranxo a partir de banda sonora en ser adaptada a unha obra musical notable.{{sfn|MacDonald|2013|p=35}} O instigador detrás deste encargo era [[Boris Gusman]], o segundo director da orquestra do [[Teatro Bolshoi]] e un recoñecido crítico de cine. Gusman era un gran defensor da ambición de Prokofev por reintegrarse na Unión Soviética e negociou coa orquestra moscovita unha xira de concertos para resaltar o talento do compositor.{{sfn|Bartig|2007}}
 
A tarefa de Prokofev non era nada sinxela; os quince minutos de material musical que precisaba o filme eran moi fragmentarios e estaban arranxados para unha orquestra de cámara.{{sfn|Bartig|2007}} En palabras do propio compositor, crear a suite constituíu «un traballo diabólico»,{{sfn|Nestyev|1960|p=353}}, e engadiu: «xeroume moito máis traballo que a banda sonora en si, xa que debía atopar unha forma musical axeitada, reorquestrar todo de novo, pulilo e mesmo combinar algúns temas entre si».{{sfn|Shilfstein|2000|p=83}} Quería que a suite agradara ás audiencias soviéticas que escoitaban música de concerto por primeira vez. Nun artigo en ''[[Izvestia]]'' en 1934 escribiu: «sobre todo, debe ser melodioso; ademais a melodía debe ser sinxela e comprensible sen ser repetitiva ou trivial... A simplicidade non debe ser unha simplicidade anticuada senón nova».{{Sfn|Jaffé|1998|p=|pp=132-133}} Traballou de xeito rápido e finalizou a peza o [[8 de xullo]] de 1934.{{sfn|Lee|2002|p=300}} A obra foi publicada como o seu Op. 60 a través do editor habitual do compositor ruso en París, que empregou no título da obra a forma transliterada ao francés de «Kijé» máis que a versión rusa «Kizhe».{{sfn|Bartig|2007}}{{refn|Prokofiev non asignou un número de opus á partitura orixinal do filme, xa que non chegou a publicarse.{{sfn|Shilfstein|2000|p=294}}|group="lower-alpha"}}
 
=== Instrumentación ===
Liña 119:
=== Recepción, interpretacións e adaptacións posteriores ===
[[Ficheiro:1909 Boston Opera House.png|miniatura|250px|Boston Opera House, onde se estreou a versión para [[ballet]] de 1942.]]
Prokofev dirixiu a estrea da suite nunha retransmisión pola radio de Mosova o 21 de decembro de 1934.{{sfn|MacDonald|2013|p=35}}{{sfn|Oxford Music Online}} A estrea nos Estados Unidos tivo lugar o 14 de [[outubro]] de [[1937]], coa [[Orquestra Sinfónica de Boston]] baixo a batuta de [[Sergei Kusevitski]];{{sfn|Steinberg 2015}} esta interpretación foi o xermen da primeira gravación comercializada, que se puxo á venda ao ano seguinte.{{sfn|McNaught|1942|p=16}} Mentres Prokofev estaba nos Estados Unidos para a estrea de Boston, recibiu numerosos encargos de produtores de filmes, mais aínda que se sentiu alagado e atraído polas súas ofertas non comporía música para unha produción de Hollywood.{{Sfn|Robisnon|1998|p=344|pp=}} A suite fíxose popular con rapidez, especialmente nos Estados Unidos; o coreógrafo [[Michel Fokine]] empregou a súa música para o seu ballet ''[[Russkii soldat]]'' (en [[Lingua rusa|ruso]] ''Русский солдат'', traducible ao galego como ''Soldado ruso''), interpretado na [[Boston Opera House (1909)|Boston Opera House]] o 23 de xaneiro de [[1942]].{{sfn|American Ballet Theatre}} Outra versión posterior de ''Poruchik Kizhe'' ideouse para o Ballet do Bolshoi de Moscova en [[1963]], por [[Alexander Lapauri]] e [[Olga Tarasova]], con [[Raissa Struchkova]] nun papel principal.{{sfn|Barnes|1963|p=13}}
 
O crítico musical David Gutman calificou a suite como «unha das composicións máis populares (de Prokofev) actualmente e unha das máis logradas».{{sfn|Gutman|1988|p=110}} Robinson opina que a suite de ''Kizhe'' é unha das súas mellores composicións, xunto con ''[[Romeo i Dzhuletta]]'' e o [[Concerto para violín n.º 2 (Prokofiev)|Concerto para violín n.º 2]] como «accesible, simple e melódica».{{sfn|Robinson|1998|p=266}} No libro ''Essential Canon of Classical Music'' ([[2001]]), [[David Dubal]] recalca como a música de ''Kizhe'' calou na cultura popular: «Partes e anacos empréganse por doquier».{{sfn|Dubal|2001|p=388}} A súa andaina como banda sonora comeza na década de 1930, posteriormente empregáronse partes da suite noutros filmes como a británica ''[[The Horse's Mouth]]'' ([[1958]]),{{sfn|Bartig|2013|p=34}} e en ''[[Love and Death]]'', unha parodia de [[Woody Allen]] de [[1975]] sobre a literatura rusa.{{sfn|Harvey|2007|p=75}} No mundo da música pop, a ''Troika'' adaptouse en varias ocasións, comezando en 1958 como "Midnight Sleighride", un arranxo para banda de [[jazz]] de [[Eddie Sauter]] e [[Bill Finegan]].{{sfn|AllMusic: New Directions in Music}} En 1975 a ''Troika'' serviu de base para unha exitosa canción, ''I Believe in Father Christmas'' de [[Greg Lake]],{{sfn|Jaffé|2014}} e en [[1985]] [[Sting]] empregou o tema principal do movemento «Romance» na súa canción pacifista ''Russians''.{{sfn|Gable|2009|p=25}}
 
=== Gravacións ===
A interpretación da suite en 1938 por Koussevitski e a Orquestra Sinfónica de Boston, gravada en [[disco de vinilo|discos de 78rpm]],{{sfn|McNaught|1942|p=16}} foi a única gravación dispoñible comercialmente ata a chegada dos LPs na [[década de 1950]];{{sfn|F.F.C. and G.I.C.: Prokofieff on Records 1949}} unha realización da [[Orquestra Sinfónica de Cleveland]] baixo a batuta de [[Fritz Reiner]] en decembro de [[1945]] non foi lanzada ata moitos anos máis tarde.{{sfn|Morgan, CD notes: "The Art of Fritz Reiner, Vol 1"}} En [[1951]] [[Capitol Records|Capitol]] publicou a gravación de [[Hermann Scherchen]] coa [[Orquestra Sinfónica de Viena]],{{sfn|Myers|1952|p=265}} e dende aquela publicáronse moitas gravacións da obra baixo diversos selos. A edición de [[2008]] do estudo de gravacións ''Muze'' lista dezanove versións dispoñibles procedentes de orquestras de toda Europa, Asia e os Estados Unidos.{{sfn|Muze 2007|p=709}} A versión con barítono apenas foi gravada en disco; [[Vladímir Áshkenazi]] coa [[Orquestra Sinfónica de Sydney]] e [[Andréi Laptev]] ([[2010]]) constitúe un exemplo recente.{{sfn|WorldCat: CD Naxos 2010}} En [[2007]] publicouse unha produción do [[Ballet do Bolshoi]] en formato DVD, con [[Raisa Struchkova]] e [[Vladimir Vasiliev (bailarín)|Vladimir Vasiliev]].{{sfn|WorldCat: DVD 2007}}
 
==Notas==
Liña 412:
| xornal=[[The Daily Telegraph]]
| data=10 de maio de 2005
| dataacceso=11 de xullo de 2017
| ref={{sfnRef|Struchkova obituary 2005}}
| lingua=en}}
* {{Cita noticia