Ali-Shir Nava'i: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 12:
Alisher Nava'i naceu no noroeste do actual Afganistán, entón parte do Imperio Timúrido, Herat era entón un centro cultural e intelectual de primeira orde no mundo musulmán. Alisher pertencía á elite timúrida, seu pai Ghiyāth ud-Din ''Kichkina'' (O pequeno), era un alto funcionario no palacio de [[Shāhrukh Mirzā]] gobernante de Khorasan. Súa nai serviu como aia do príncipe no palacio. Seu pai morreu cando Alisher era novo, e outro gobernante de Khorasan, [[Babur Ibn-Baysunkur]], converteuse no seu titor.
 
Alisher foi compañeiro de escola de [[Husayn Bayqarah]] que logo sería o [[sultán]] de Khorasan. Alisher e a súa familia tiveron que fuxir de Herat en 1447 tras a morte de Shāhrukh, o que creou unha situación política inestable. Logo de restaurarse a orde volveu a Herat nos primeiros anos da década de 1450. En 1456, Alisher e Bayqarah foron a [[Mashhad]] con Ibn-Baysunkur. O ano seguinte Ibn-Baysunkur morreu e Alisher proseguiu os seus estudos en Mashhad, Herat, e Samarcanda. Tras a morte de Abu Sa'id Mirza en 1469, Husayn Bayqarah logrou o poder en Herat, e Alisher deixou Samarcanda para poñerse ao seu servizo, e con el permaneceu durante as décadas que gobernou ata a súa morte en 1501.
 
Alisher Nava'i levou un estilo de vida ascético, sen nunca casar, ter concubinas nin fillos[6]