Bauhaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América
Liña 14:
A Bauhaus fora grandemente subsidiada pola [[República de Weimar]]. Despois dunha mudanza nos cadros do goberno, en [[1925]] a escola mudouse para [[Dessau]], lugar onde foi criada a Universidade Bauhaus. Unha nova mudanza ocorre en [[1932]], para [[Berlín]].
 
En 1933 a Bauhaus é pechada por orde do goberno [[nazismo|nazi]]. Os nazis opuxéranse á Bauhaus durante a [[década de 1920]], ben como a calquera outro grupo que tivese unha orientación política de esquerda. A escola foi considerada unha fronte comunista, especialmente porque moitos artistas [[Rusia|rusos]] traballaban ou estudaban alí. Escritores nazis como [[Wilhelm Frick]] e [[Alfred Rosenberg]] clamaban que a escola era "anti-Xermánica," e desaprobaban o seu estilo [[modernismo|modernista]]. Con todo, a Bauhaus tivo un impacto fundamental no desenvolvemento das artes e da arquitectura do occidente [[Europa|europeo]], e tamén dos [[Estados Unidos dade América]] nas décadas seguintes - a onde se encamiñaron moitos artistas exiliados polo réxime nazi.
 
O principal campo de estudos da Bauhaus era a arquitectura (como fica implícito ata polo seu nome), e procurou estabelecer planos para a construción de casas populares baratas por parte da República de Weimar. Mais tamén había espazo para outras expresións artísticas: a escola publicaba unha revista chamada ''Bauhaus'' e unha serie de libros chamados ''Bauhausbücher''. O director de publicacións e deseño era [[Herbert Bayer]].