Tren: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América
Liña 24:
Así a todo, o paso de xigante para o desenvolvemento da locomotora e por consecuencia do tren, sería dado por [[George Stephenson]]. Este inglés, mecánico nas minas de [[Killingworth]], construíu en [[1814]] a súa primeira locomotora á que chamou ''Blucher''. A ''Blucher'', que se destinaba ao transporte dos materiais da mina, conseguiu puxar unha carga de trinta toneladas á velocidade de 6 km/h. Stephenson viría a construír a ''primeira liña férrea'', entre [[Stockton]] e a rexión mineira de [[Darlington]], que foi inaugurada o [[27 de setembro]] de [[1825]] e tiña 61 km de lonxitude; catro anos máis tarde, chamáronno para construír a liña férrea entre [[Liverpool]] e [[Manchester]]. Nesta liña usouse unha nova locomotora, bautizada ''Rocket'', que tiña unha nova caldeira tubular inventada polo enxeñeiro francés [[Marc Seguin]] e xa chegaba a velocidades da orde dos 30 km/hora.
 
A comezos do [[século XIX]], as rodas motrices pasaron a colocarse tras da caldeira, permitindo deste xeito aumentar o diámetro das rodas e, consecuentemente, aumentando a velocidade punta. O escocés [[James Watt]], coa introdución de varias alteracións na concepción dos motores a vapor, especialmente na separación do condensador dos cilindros, contribuiu enormemente ao desenvolvemento do ferrocarril. A partir de entón, a evolución do tren e das liñas ferroviarias tornouse imparable. A metade do século XIX xa existían moitos millares de quilómetros de vía férrea por todo o mundo: en Inglaterra, 10 000; nos [[Estados Unidos dade América|EUA]], 30 000. Neste último, coa colonización do Oeste americano, esta cifra atinxiu máis de 400 mil quilómetros no inicio do [[século XX]].
[[Ficheiro:TGV train in Rennes station DSC08944.jpg|miniatura|dereita|250px| [[TGV]] en [[Rennes]]]]
Pronto, as locomotoras pasaron do vapor á [[electricidade]]. O [[31 de maio]] de [[1879]], [[Werner von Siemens]] presentou na [[Exposición mundial]] de Berlín a primeira locomotora eléctrica, pero o seu desenvolvemento só foi significativo a partir de [[1890]], manténdose a súa utilización ata os nosos días. O invento da locomotora eléctrica non foi pacífico: hai quen atribúe este invento tanto ao norteamericano [[Thomas Davenport]] como ao [[Escocia|escocés]] [[Robert Davidson]]. A fins do século XIX, [[Rudolf Diesel]] inventou o motor de inxección a [[diesel]] e con el novas locomotoras desenvolveronse usando esta nova tecnoloxía; tamén se crearon locomotoras que utilizaban os dous conceptos (eléctrico e diesel), sendo por iso bastante versáteis. Estas máquinas comezaron axiña a gañar terreo ás vellas locomotoras a vapor que, porén, por exemplo en [[Portugal]], se mantiveron en activo ata [[1977]].