Nazismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América (4)
Liña 4:
O '''nazismo''' ou o '''nacionalsocialismo''' designa a [[política]] da [[ditadura]] que gobernou a [[Alemaña]] de [[1933]] a [[1945]], o [[Terceiro Reich]]. O nazismo é frecuentemente asociado ao [[fascismo]], aínda que os nazis dixesen practicar unha forma [[nacionalismo|nacionalista]] e [[totalitarismo|totalitaria]] de [[socialismo]] (oposta ao [[internacionalismo proletario|socialismo internacional]] [[marxismo|marxista]]).<ref name="ref1">{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.ihr.org/jhr/v15/v15n1p18_Weber.html|título=Goebbels' Place in History|nome=Mark|apelidos=Weber|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref><ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://research.calvin.edu/german-propaganda-archive/pre1933.htm|título=Pre-1933 Nazi Propaganda|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref>
 
O [[NSDAP|Partido Nacionalsocialista]] alemán defendía o ''Nationalsozialismus'' 'nacionalsocialismo'. Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os [[Estados Unidos dade América]]), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a [[estatización]] da [[sociedade]] como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia [[comunismo|comunista]] e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha [[economía de guerra]] e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".<ref name="ref1"/><ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.huppi.com/kangaroo/L-hitler.htm|título=Myth: Hitler was a leftist|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref>
 
O [[ditador]] [[Adolf Hitler]] chegou ao poder como líder dun partido político, o [[Partido Nazi|Partido Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns]] (''Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei'', ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido en Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados [[neonazismo|neonazis]], continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns [[revisionismo histórico|revisionistas históricos]] difunden [[propaganda]] que nega ou minimiza o [[Holocausto]] e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.historytoday.com/ian-kershaw/hitler-myth|título=The Hitler Myth|editorial=History Today|data=11 de novembro de 1985|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</ref>
Liña 45:
Hitler admiraba o [[Imperio Británico]]. Os intelectuais británicos desenvolveron teorías racistas no século XIX para controlar o pobo [[india]]no e outros "salvaxes", e os nazis copiaron moitos destes métodos.
 
De forma semellante, na súa [[xuventude]] Hitler tamén admirou bastante os [[Estados Unidos dade América]]. En ''Mein Kampf'', louvou os Estados Unidos polas súas leis anti[[inmigración]]. De acordo con Hitler, os EUA eran unha nación exitosa porque se mantiñan "puros" de "razas inferiores". Porén, á medida que a guerra se aproximaba, a súa opinión dos Estados Unidos empeorou e comezou a acreditar que Alemaña conseguiría unha vitoria fácil sobre os EUA precisamente porque este país, na súa nova maneira de ver, se tiña tornado unha nación ''mestiza''.
 
== Teoría económica ==
Liña 111:
O termo "nazismo" é frecuentemente (mais incorrectamente) usado como sinónimo de "[[fascismo]]". Ao paso que o nazismo incorporou elementos estilísticos do fascismo, as semellanzas principais entre os dous foron a ditadura, o [[irredentismo]] territorial e a teoría económica básica. Por exemplo, [[Benito Mussolini]], o fundador do fascismo, non adoptou o antisemitismo ata se ter aliado a Hitler, encanto que o nazismo foi explicitamente racista desde o inicio. O ditador español [[Francisco Franco]], frecuentemente chamado fascista, poderá talvez ser descrito como un monárquico católico reaccionario que adoptou pouco do fascismo para alén do estilo.
 
Para o fín do [[século XX]], xurdiron movementos [[neonazismo|neonazis]] en varios países, incluíndo os [[Estados Unidos dade América]] e varias nacións europeas. O '''neonazismo''' inclúe calquera grupo ou organización que exhibe unha ligazón ideolóxica co nazismo. Algúns partidos políticos da orla do espectro como, nos EUA, o [[Partido Verde Nacionalsocialista Libertario]] (LNSGP, ou ''Libertarian National Socialist Green Party''), adoptaron ideas nazis.
 
== Factores que levaron ao éxito do nacional-socialismo ==
 
Unha cuestión importante sobre o nacional-socialismo ten a ver cos factores que promoveron a súa ascensión, non só na Alemaña mais tamén noutros países europeos (podían atoparse movementos nacional-socialistas na [[Suecia]], [[Gran Bretaña]], [[Italia]], [[España]] e [[Estados Unidos dade América]]), nos anos 20 e 30 do século pasado.
 
Estes factores poden ter tido que ver con: