Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 88:
 
=== A fin da revolución (xaneiro 1937-maio 1937) ===
O 27 de febreiro de 1937 o goberno prohibe o periódico da FAI ''Nosotros'', iniciando así o período durante o que a maior parte das publicacións críticas co goberno pasan a sufrir censura. Ó día seguinte prohibe ós policías pertencer a partidos políticos ou sindicatos, medida adoptada polo goberno autonómico catalán o 2 de marzo. O 12 do mesmo mes, a Generalitat aproba unha orde esixindo a entrega de tódalas armas longas e materias explosivas a quen non estean militarizados. Empezan máis enfrontamentos entre os sectores da FPA, e o día 27 prodúcese a dimisión dos conselleiros anarquistas do goberno autónomo catalán. Durante o mes de marzo se completacomplétase a militarización das milicias, transvasadas a un Exército regular, contra o que se alzaron moitas voces.
 
O 17 de abril, ó día seguinte de que os ministros da CNT volveran á Generalitat, unha forza de [[carabineiros]] en [[Puigcerdà]] pide ás patrullas obreiras da CNT que lles entreguen o control das aduanas, a [[Garda Civil]] e de [[Garda de Asalto|Asalto]] enviada a [[Figueres]] e outras cidades por toda a provincia para arrancar o control policial das mans das organizacións obreiras, disolvendo o Consello da Cerdaña, un dos máis autónomos. Simultaneamente, en Barcelona, a Garda de Asalto procede a desarmar ós obreiros á vista, nas rúas.