Poruchik Kizhe (Prokofev): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Compositor expatriado: unha imaxe máis
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Kije1934.jpg|250px|miniatura|Do cartel promocional do filme, de Izrail Bograd.]]
A música de '''''Poruchik Kizhe''''' ({{Lang-ru|'''''Поручик Киже'''''}}, traducible ao [[Lingua galega|galego]] como ''O tenente Kizhe'') de [[Sergei Prokofev]] concibiuse orixinalmente como un acompañamento musical ao [[Poruchik Kizhe (filme)|filme do mesmo nome]], producido polos [[Belarusfilm|estudos Belgoskino]] en [[San Petersburgo|Leningrado]] entre 1933 e 1934, e estreado en marzo dese mesmo ano. Constitúe o primeiro intento de Prokofev de compoñer [[música cinematográfica]], e o primeiro encargo que recibiu da [[Unión Soviética]] logo do seu exilio pouco despois da [[Revolución de Outubro|Revolución de outubro de 1917]]. Posteriormente, Prokofev adaptou a música nunha [[suite]] orquestral, o seu [[Opus (música)|Op.]] 60.
 
Nos inicios do [[cine sonoro]], varios compositores destacados estaban a desexar introducirse no novidoso campo da música de cine, mais Prokofev non era a elección natural para este encargo. Establecido en [[París]] por case unha década, a súa música caracterizábase pola experimentación e a [[disonancia]], calidades que non concordaban coas [[Cultura da Unión Soviética|regras culturais predominantes do réxime soviético]]. Aínda así, Prokofev estaba a prepararse para regresar á súa patria, e considerou o encargo do filme como unha oportunidade para escribir música nun estilo máis popular e accesible.
Liña 13:
Oriúndo de [[Ucraína]], [[Sergei Prokofev]] graduouse no [[Conservatorio de San Petersburgo]] en 1914, e daquela xa era coñecido como un compositor de vangarda.{{sfn|Steen|2009|p=841}} O biógrafo Israel Nestyev afirma que o [[Concerto para piano n.º 2 (Prokofiev)|Segundo Concerto para Piano]] de 1913 foi «o billete de entrada de Prokofev aos círculos máis altos do modernismo ruso».{{sfn|Nestyev|1960|p=75}}
 
Cando estalou a [[primeira guerra mundial]] en agosto de 1914, Prokofev esquivou o servizo militar, posiblemente porque era o único fillo dunha viúva. Durante os anos de guerra continuou compoñendo; en maio de 1918, no período de revoltas logo da [[Revolución de Outubro]] e o comezo da [[Guerra civil rusa|guerra civil]], Prokofev obtivo permiso para viaxar ao estranxeiro, e partiu con destino a América.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "USA, 1918–22" 2007}} Os seus biógrafos defenderon que «non fuxiu do país»; senón que se embarcou nunha xira de concertos, a cal decidiu prorrogar convencido de que lograría mellores perspectivas profesionais en América e Europa occidental.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "USA, 1918–22" 2007}}{{sfn|Emerson|2004|p=155}} Permaneceu en América ata marzo de 1922, cando decidiu marchar, establecéndose primeiro na pequena localidade de [[Ettal]] e posteriormente, dende outubro de 1923, en París.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography, "Europe, 1922–36" 2007}}
 
As autoridades soviéticas, máis que tratar a Prokofev como un fuxitivo ou un exiliado, elixiron consideralo como un embaixador xeral da cultura soviética,{{sfn|Morrison|2009|pp=1–2}} e o compositor devolveu o favor ao rexistrarse en Francia como cidadán da recentemente creada [[Unión Soviética]], fundada en 1922.{{sfn|This Day in History 30 December 1922}} O compositor expresou o seu apoio aos desenrolos políticos da súa patria natal, e mantívose proclive a volver iniciar relacións cos seus compatriotas.{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography: "Contacts with the Soviet Union" 2007}} Foille outorgado o tratamento preferente cando realizou a súa primeira visita á Unión Soviética en 1927 con motivo dunha xira de concertos. Posteriormente realizou outras visitas, e en 1930 Prokofev instalouse nun piso en [[Moscova]], a pesar de que París seguiu a ser a súa casa principal. Durante este período de achegamento decidiu simplificar a súa linguaxe musical conscientemente con miras a facelo compatible coa [[Arte soviética|concepción oficial soviética da arte]].{{sfn|Hicks: ''Grove'' biography: "Contacts with the Soviet Union" 2007}}
Liña 20:
Nos primeiros anos do [[cine mudo]], a partir da década de 1890, as películas adoitaban acompañarse con música en vivo, frecuentemente improvisada, mediante un piano ou [[harmonio]]. A principios do século XX, os cines máis grandes comezaron a empregar orquestras, que acompañaban a película con música clásica de dominio público ou, de xeito cada vez máis frecuente, bandas sonoras orixinais. A partitura da película clásica de 1916 ''[[The Birth of a Nation]]'' de [[Joseph Carl Breil]], creada a partir de varias obras de música clásica así como de traballo propio, supuxo un fito na historia da música cinematográfica e inspirou a compositores importantes da época a compoñer música para filmes mudos. Entre eles cabe destacar a [[Victor Herbert]] e [[Mortimer Wilson]] dos [[Estados Unidos]], a [[Darius Milhaud]] e [[Arthur Honegger]] de [[Francia]], e [[Gottfried Huppertz]] e [[Edmund Meisel]] de [[Alemaña]].{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}}
 
En 1927, desenrolos posteriores na tecnoloxía do son posibilitaron a aparición das «imaxes parlantes». Ao principio, a música de acompañamento gravábase en disco de xeito separado das imaxes, mais en dous anos o sistema «Movietone» permitiu capturar o son na propia cinta do filme.{{sfn|Hanson 1998}} Xa era posible aliñar a música coa acción en pantalla seguindo un enfoque diexético. Os primeiros en empregar este método foron os alemáns [[Friedrich Hollaender]] e [[Karol Rathaus]], que compuxeron a música para os filmes ''[[Der blaue Engel]]'' (1930) e ''[[Der Mörder Dimitri Karamasoff]]'' (1931).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}} Daquela, na Unión Soviética, [[Dmitri Shostakovich]] comezara unha prolífica carreira como compositor de bandas sonoras, cos filmes ''[[Novyy Vavilon]]'' (1929) e ''[[Odna]]'' (1931).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}}{{sfn|Soviet era music: Shostakovich}}
 
En 1932 os estudios cinematográficos Belgoskino de Leningrado,{{refn|Os estudios Belgoskino trasladáronse a Minsk en 1938 e foron renomeados como Belarusfilm.{{sfn|Belarus Cinema}} |group="lower-alpha"}} que se encontraban planificando o seu proxecto do filme ''[[Poruchik Kizhe (filme)|Poruchik Kizhe]]'', recorreron ao expatriado Prokofev para a música do filme. A elección de Prokofev foi sorprendente por varios motivos: daquela era máis coñecido no estranxeiro que dentro da Unión Soviética e a súa fama como compositor disonante precedíalle. Ademais, o seu ballet ''Le pas d’acier'' fracasara por completo na súa estrea nacional no [[Teatro Bolshoi]] en 1929.{{sfn|Jaffé|2014}} A primeira reacción do compositor ruso foi a de rexeitar o encargo. Un membro da produción lembra que Prokofev «rexeitou de xeito categórico a miña proposta. Tiña gran parte do seu futuro xa programado, xamais escribira música para filmes e non sabía que "tipo de salsa" levaban».{{sfn|Robinson|1998|p=268}} Mais, atraído pola historia, Prokofev mudou rapidamente de parecer e aceptou, vendo o seu primeiro proxecto no mundo da música para longametraxes como unha oportunidade para probar a súa habilidade para gustar ao público de masas soviético.{{sfn|Jaffé|1998|pp=129–32}}{{sfn|Robinson|1998|p=278}}