Encrucillada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
'''''Encrucillada''''' é unha revista bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en [[1977]] (daquela editada por [[SEPT]]). O seu primeiro director foi o teólogo e académico [[Andrés Torres Queiruga]]. Nunha etapa intermedia, a [[Asociación Irimia]] (que edita outra revista, ''Irimia'') foi a responsable da edición, permanecendo estable a liña editorial. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao<ref>http://culturagalega.gal/noticia.php?id=9601</ref>, teólogo e profesor da Universidade Comillas, mentres que Torres Queiruga preside a Asociación Encrucillada que publica actualmente a revista.
 
''Encrucillada'' defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.