Diferenzas entre revisións de «Eslovaquia»

gardo para actualizar Categoría:Páxinas con erros de script
(gardo para actualizar Categoría:Páxinas con erros de script)
== Historia ==
[[Ficheiro:Web Biatec.jpg|miniatura|esquerda|Á esquerda: A moeda celta Biatec<br/>Á dereita: Cinco coroas Eslovacas]]
A poboación eslava orixinal formouse no [[século V]] na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do [[século IX]], coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da [[Hungría]] entre os séculos [[século XI|XI]] e [[século XIV|XIV]] e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata [[1918]]. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar [[Checoslovaquia]]. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de MuniqueMúnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da [[Alemaña nazi]].
 
Despois da [[Segunda Guerra Mundial]], Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da [[Unión Soviética]] e do [[Pacto de Varsovia]], de [[1945]] en diante.
88.722

edicións