Diferenzas entre revisións de «Desaparafusador»

gardo para actualizar Categoría:Páxinas con erros de script
(gardo para actualizar Categoría:Páxinas con erros de script)
Os desaparafusadores documentados máis antigos foron utilizados en [[Europa]] na [[Idade Media]]. Foron inventados no [[século XV]], en [[Alemaña]] ou [[Francia]]. Os nomes orixinais da ferramenta en alemán e francés foron ''schraubendreher'' e ''tournevis'', respectivamente. A primeira documentación coñecida da ferramenta atópase no ''Housebook of Wolfegg Castle'', un [[manuscrito]] [[medieval]] escrito entre [[1475]] e [[1490]].<ref>Rybczynski, Witold (2000) pp. 90–94.</ref>
; Desaparafusador de estrela
En [[1933]], Oregonian J.P. Thompson inventou un "parafuso encaixado cruciforme", pero non atopou promotores dapara a súa proposta. A súa invención languideceu ata que o enxeñeiro [[Henry Phillips]], a quen lle gustou a idea, comprou os dereitos de [[patente]] para o deseño de Thompson.<ref>[http://www.ehowenespanol.com/historia-del-destornillador-cabeza-phillips-hechos_511469/ ehowenespanol]</ref> Phillips recoñeceu as vantaxes da forma de cruz ou estrela encaixada da cabeza do parafuso: o desaparafusador encaixaba na cabeza destes parafusos mellor que cun desaparafusador de cabeza plana e un parafuso rañurado; tamén permitía máis forza de torsión con menos esforzo.
; Desaparafusador eléctrico
O desaparafusador eléctrico está provisto dun [[Motor (máquina)|motor]], que pode estar no interior do [[mango]]. A punta do desaparafusador adoita ser intercambiable e levar accesorios para empregalo con porcas. Estes desaparafusadores diminúen o tempo de traballo e poden previr lesións no [[pulso]].<ref name="Rybczynski2000pp85-86">{{Harvnb|Rybczynski|2000|pp=85–86}}</ref>