Saint-Étienne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Liña 1:
{{Curto de máis|data=decembro de 2016}}
{{Coordenadas|45|26|02|N|4|23|23|E|display=title}}
{{Cidade
Liña 35 ⟶ 34:
}}
'''Saint-Étienne''' (en [[Lingua francoprovenzal|arpitano]]: ''Sant-Etiève'') é unha cidade e [[comuna francesa|comuna]] do centro-leste de [[Francia]], capital do departamento de [[Departamento de Loira|Loira]], na rexión de [[Auvernia-Ródano-Alpes]].
 
== Historia ==
Saint-Étienne foi, durante moito tempo, unha cidade secundaria, menos influente tanto no plano político como administrativo que [[Montbrison]], que foi unha prefectura antes de que o fose Saint-Étienne, e que [[Feurs]] a capital do [[Departamento de Loira|Loira]] de [[1793]] a [[1795]]. En [[1855]] Saint-Étienne, grazas ao seu rápido desenvolvemento industrial e demográfico, converteuse na capital do departamento.
 
Desde o [[século XV]] Saint-Étienne foi un importante centro de produción metalúrxica (armas brancas, armas de fogo desde as Guerras Italianas de Francisco I), e metalurxia menor, como a chamada quincallería. E, desde o [[século XVI]] desenvolveuse, tamén, a fabricación de cintas.
 
Durante o período da [[Revolución industrial]], desenvolvéronse os oficios da metalurxia pesada e a explotación masiva das minas de carbón. Ao mesmo tempo, Saint-Étienne, converteuse na capital mundial da cinta, desbancando a [[Basilea]].
 
A principios do [[século XX]], a industria armamentística foi absorbida pola Manufactura de armas de Saint-Étienne (MAS) no concernente ao material militar, e pola Manufactura francesa de armas e ciclomotores (Manufrance), así como foron absorbidos numerosos artesáns fabricantes de fusís civís. Pese ao peche de Manufrance quedan, aínda, algúns artesáns.
 
A primeira vía ferroviaria de Europa continental foi construída a partir de [[1823]]. Comunicaba Saint-Étienne con [[Andrézieux-Bouthéon]] e utilizouse para transportar o carbón das minas ata as beiras do [[Río Loira (Francia)|Loira]] a partir do 30 de xuño de [[1827]]. Entre [[1830]] e [[1832]] construíuse unha segunda vía ferroviaria que, a partir de [[1831]], transportaba aos viaxeiros entre Saint-Étienne e [[Lyon]]. [[Barthélemy Thimonnier]] construíu a primeira [[máquina de vapor]] en [[1830]].
 
Saint-Étienne foi bombardeada o [[26 de maio]] de [[1944]]. Houbo preto de 1.000 mortos por mor dos disparos dunha escuadrilla de bombardeiros estadounidenses que querían destruír as numerosas fábricas que foran utilizadas polos nazis.
 
A partir da década de 1970 as industrias stéphanoises tiveron moitas dificultades e a cidade sufriu unha importante fochanca económica e demográfica. Dunha poboación de 225.825 habitantes en 1968, pasouse a 201.569 en 1990 e a 183.522 en 1999.
 
== Economía ==
Saint-Étienne pasou durante a segunda metade do [[século XX]] por numerosas reestruturacións e peches industriais. Tras o peche de Manufrance, as minas de carbón de GIAT Industrias e as dificultades da industria do ciclomotor, Saint-Étienne estivo considerada como unha cidade en perigo. A súa actividade económica parece estar a se recobrar grazas ás iniciativas locais e rexionais do centro de innovación, manifestacións artísticas, e ao fortalecemento da súa influencia económica.
 
== Lugares de interese ==
O notable patrimonio arquitectónico de Saint-Étienne, do [[século XIV]] e do [[século XX]], mereceu o distintivo de cidade de Arte e Historia concedido en [[2002]]. A Torre da Droguerie, a Bolsa de Traballo, o Concello, a Prefectura, a Manufactura de armas, a ponte ferroviaria máis antiga da Europa continental (clasificado como monumento histórico), e outros edificios, son un exemplo deste patrimonio excepcional. Tamén se pode visitar o castelo de Rochetaillée.
 
Saint-Étienne dispón, así mesmo, de máis de 700 hectáreas de parques e espazos verdes (os máis importantes son: o Xardín das Plantas, o Parque de Europa, o Parque Montaud e o Parque da Perrotiére), cheos de esculturas, obras de arte, especies de árbores.
 
A cidade ten tamén, un rico patrimonio en estatuas. Unha réplica da [[Estatua da Liberdade]] é visible desde o centro mesmo da cidade.
 
== Véxase tamén ==