Pandulfo II de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
En [[999]], [[Odón III, Emperador|Odón III]] visitou o [[Santuario de Monte Sant'Angelo]] en [[Monte Gargano]]. Á súa volta por Benevento asinou un diploma en favor do mosteiro de S. Sofia o [[11 de Marzo]]. S. Sofia era unha fundación familiar da familia de Pandulfo e probabelmente funcionaba como o seu [[mausoleo]]. Por razóns descoñecidas, Odón e Pandulfo tiveron as súas diferencias no ano [[1000]], posibelmente sobre as reliquias de [[San Bartomeu]], santo patrón de Benevento, ao que Odón construíra unha nova igrexa na [[Isola Tiberina]]-[[San Bartolomeo all'Isola]]- había pouco tempo. Segundo os ''Annales Beneventani'', ''Otto rex cum magno exercitu obsedit Benevento'': "O rei Odón cun grande exercito cercou Benevento." Non pasou nada, con todo, agás quizais a cesión de certas reliquias (posibelmente a pel de Bartolomé).
 
Tamén nese ano do milenio, os de Capua depuxeron ao seu príncipe imperialista, [[AdhemarAdemaro de Capua|AdhemarAdemaro]], e invitaron a [[Landulfo VII de Capua|Landulfo di Sant'Agata]], o irmán de Pandulfo, a ser o seu novo príncipe. En [[1003]], unha rebelión liderada por Adelfero, conde de [[Avellino]], depuxo a Pandulfo e ao seu fillo en Benevento. Os príncipes non estiveron no exilio moito tempo, con todo. En [[1005]] atopámolos outra vez gobernando desde a súa capital. A revolta foi un mal sinal: o malestar civil medraba no principado.
 
En [[1007]], morreu Landulfo de Capua e Pandulfo sucedeuno xunto co seu fillo, [[Pandulfo II de Capua]]. En [[1011]], [[1012]], ou [[1013]], o neto tocaio de Pandulfo, [[Pandulfo III de Benevento|Pandulfo III]], o fillo de Landulfo, foi asociado ao goberno de Benevento. Despois, Pandulfo o Vello desaparece das páxinas da historia ata a súa morte, rexistrada en1014.