Abrir o menú principal

Cambios

m
A [[Biblia dos Setenta]], ou Septuaginta (abreviatura: LXX), designa a tradución grega do Antigo Testamento, elaborada entre os séculos IV e II a.C., probabelmente no Exipto. O seu nome débese á lenda que refería ser esa tradución un resultado milagroso do traballo de 70 sabios. A versión dos LXX é a máis antiga versión do Antigo Testamento que coñecemos. A súa grande importancia provén tamén do feito de ser esa a versión da Biblia utilizada entre os cristáns, desde o inicio, e a que é citada na grande parte do Novo Testamento.
 
Da versión dos LXX fan parte, alén dos libros da Biblia Hebraica, os deuterocanónicos (aceptados pola Igrexa Católica, mais non por xudeus nin protestantes), e algúns apócrifos (non aceptados como sagrados por ningunha dasdestas relixións ou Igrexas).
 
O [[Novo Testamento]], escrito en grego, atópase en moitos manuscritos, que presentan moitas variantes. Á diferenza do [[Antigo Testamento]], non hai para o Novo Testamento unha versión á que se poida chamar, por así dicir, normativa. Hai con todo algúns manuscritos máis importantes, polas súa antiguidade ou credibilidade, e que son o alicerce da [[Crítica Textual]].
18.819

edicións