Diferenzas entre revisións de «Tareixa, condesa de Portugal»

sen resumo de edición
A súa alianza e conexión co galego [[Fernando Pérez de Traba|Fernando Pérez]], [[Casa de Traba|conde de Traba]], puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Henriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na [[batalla de San Mamede]] en [[1128]].
 
Obrigada dese modo a deixar a gobernación, algúns autores{{quen}} defenden que foi detida polo propio fillo no [[castelo de Lanhoso]], outros que se exiliou nun convento de [[Póvoa de Lanhoso]], onde faleceu en 1130. Modernamente, con todo, arguméntase que, logo da batalla e xa en fuga, ela e o conde Fernando Pérez foron aprisionados e inmediatamente expulsados de Portugal. A condesa sobreviviu ao desastre, falecendo en [[Galicia]] a finais de 1130.
 
Os seus restos mortais foron traídos máis tarde para a [[catedral de Braga]], onde aínda hoxe repousan xunto á tumba do seu primeiro marido, o conde Henrique de Borgoña.
{{Control de autoridades}}
 
{{Sen referencias|data=xullo de 2017}}
{{Historia en progreso}}
 
[[Categoría:Idade Media de Galicia]]
199.992

edicións