Lingua napolitana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 31:
 
== Características ==
O napolitano é xeralmente considerado como unha lingua italo-dálmata. Aínda que existen diferenzas notables entre os diversos dialectos todos eles son polo xeral mutuamente intelixibles. A linguaxe no seu conxunto a miúdo foi vítima da súa situación como unha "linguaxe sen prestixio". O italiano estándar e o napolitananapolitano teñen unha comprensión variable, que depende tanto de factores afectivos como lingüísticos. Existen notables diferenzas gramaticais como os substantivos en forma neutra ou a formación do plural única. A súa evolución foi similar á do italiano e outras linguas romances das súas raíces do latín falado.
 
O napolitano gozou dunha rica historia literaria, musical e teatral (entre os que destacan [[Giambattista Basile]], [[Eduardo de Filippo]], [[Salvatore di Giacomo]] ou [[Totò]]). Ademais grazas a este patrimonio e á obra musical de Renato Carosone na década de [[1950]], o napolitano está aínda en uso na música popular, incluso gañando renome nacional nas cancións de Pino Daniele e da Nuova Compagnia di Canto Popolare. Son famosos cancións napolitanas [['O surdato 'nnammurato]], [['O Sole mio]] e [[Funiculì, funiculà]].