Templo de Xerusalén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎O Segundo Templo: Muro dos Lamentos e Xúpiter (deus)
Liña 17:
Logo da morte de Salomón, o templo sufriu profanacións non só coas invasións senón coa introdución de deidades siro-fenicias en certos períodos e só se restaurou en varias ocasións como nos reinados de [[Ezequías]] e [[Xosías]]. Finalmente foi destruído polo rei [[Babilonia|babilónico]] [[Nabucodonosor II]] en [[-587]], que ademais levou cativa a unha gran parte dos habitantes do [[Reino de Xudá]] cara a terras caldeas.
 
== O Segundo Templotemplo ==
 
[[Ficheiro:Jerusalem Modell BW 3.JPG|miniatura|300px|Maqueta do Segundo templo de Xerusalén.]]
Despois do [[Catividade de Babilonia|cativerio en Babilonia]], en [[-517|517 a.C.]] os [[Persia|persas]] autorizaron aos xudeus a reconstruír o templo, non exento de problemas políticos e étnicos os cales pouco despois solucionaron.
Aínda que se trouxeron de volta os tesouros do Templo, este xa non volveu gozar da anterior fastuosidade.
 
Coas influencias helenísticas posteriores a [[Alexandre Magno]], o Templo entrou en risco de ser profanado desas influencias ata que [[Antíoco IV Epífanes]] tomou Xerusalén e o seu Templo para pór alí unha estatua do deus grego [[Zeus]]. Isto conduciu á revolta dos [[Macabeo]]s liderada por [[Xudas Macabeo]], ata que se devolveu a liberdade do país e se restaurou o templo a mediados de [[-150|150 a.C.]].
 
O escritor xudeu-romano [[Flavio Xosefo]] dedicou moitas páxinas ao Templo, engadindo algúns detalles que non se mencionaban na Biblia, pero que el transcribiu de manuscritos xa desaparecidos. No [[Talmud]], unha orde enteira da [[Mishná]] discute leis relacionadas ao templo, incluíndo o tratado de ''Midot'' que describe de xeito detallado as dimensións deste.
 
Coa ascensión da familia Asmonea e a chegada dos romanos por [[Pompeio Magno]] ata a súa destrución, o Templo estivo novamente ameazado de profanación, ata que enno [[-21|21 a.C.]] o rei [[Herodes o Grande]] decidiu a súa restauración respectando a planta física do edificio, ampliando os patios e engadindo os muros exteriores dándolle a estes, oito entradas. O muro que actualmente queda é o occidental ou tamén o [[Muro dos Lamentos|Muro das Lamentacións]]. Posteriormente engadiuse ao norte a sonada ''Torre Antonia'', fortaleza militar de construción romana e ao sur, un edificio destinado para a purificación dos sacerdotes ou ''cohanim''.
 
Nos primeiros anos do cristianismo, [[Xesús|Xesús de Nazaret]] e os seus apóstolos estiveron predicando no Atrio dos Xentís, denunciando a corrupción que imperaba no Templo e á clase clerical xudía. Para entón, segundo os evanxeos, Xesús profetizou a destrución do edificio, que ocorrería anos logo da súa morte. No momento de culminar labores de restauración, o templo non sobreviviría por moito tempo por mor da rebelión dos zelotes, que levou á guerra co Imperio Romano e que culminaría coa destrución da cidade e o Templo no ano [[70]] polas lexións de [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]].
 
Logo da súa destrución intentouse reconstruír o Templo, pero esta vez para convertelo en templo de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], o que ocasionou unha nova rebelión en 132-135 ata que esta foi reprimida con severidade e provocou a prohibición de vivir en Xerusalén aos xudeus, ata o [[século VII]], en tempos do [[Imperio Bizantino]]. Todas as ramas do xudaísmo ortodoxo cren na reconstrución do templo na era mesiánica.
Hoxe en día existen grupos en Israel como os denominados ''Neemane Har Habayit'' ou fieis do monte do templo, que buscan reconstruír o templo.