Dalit: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Enuso}}
[[Ficheiro:India.Mumbai.01.jpg|miniatura|A intocabilidade é causa directa da perda do [[nivel de vida]], ou da vida, en moitos estados da India.]]
'''Dalit''', que quere dicir "oprimido" en [[Lingua sánscrita|sánscrito]] e "roto/espallado" en [[Lingua hindi|hindi/[[Lingua urdú|urdú]], é un termo para os membros das [[Castas (hinduísmo)|castas]] máis baixas da [[India]]. O termo é maioritariamente utilizado cos que foron sometidos como intocables. Os dalits foron excluídos do sistema de catro varnas do [[hinduísmo]], pensado neles como un quinto varna, describíndoos como ''panchama.'' Os dalits profesan varias crenzas relixiosas, incluíndo o [[budismo]], o [[cristianismo]] e o [[sikhismo]].
 
A diferenza do [[apartheid]] ou do [[racismo]], a intocabilidade existe entre individuos cunha mesmo cor de pel, etnia ou relixión, e pode darse entre individuos marxinados polas clases superiores. Se ben a intocabilidade parte de crenzas espirituais e relixiosas que consideran respectar unha determinada "orde natural" do mundo, na práctica xera e mantén un estado de [[discriminación]], [[marxinación]], [[pobreza]], [[analfabetismo]] e [[violencia]] estruturais e sistémicas, e como en moitas outras exclusións sociais, as mulleres e os nenos son a miúdo os máis prexudicados.