Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A Teogamia: Thutmose
Liña 76:
:* '''Segunda campaña'''. Neste caso os inimigos foron tribos de Siria-Palestina, cuxos continuos ataques aos postos fronteirizos fixeron responder a Exipto. Ignoramos a data exacta desta acción bélica, aínda que é moi posible que acaecese cando Hatshepsut xa fora coroada. Unha cousa que parece segura é que a raíña non viaxou á fronte nesta ocasión.
 
:* '''Terceira e cuarta campañas'''. O motivo volve ser Nubia. Ignoramos por que os nubios revolvéronse tanto en época de Hatshepsut, pero as tropas exipcias foron implacables. A terceira campaña foi no ano 12º e a cuarta no 20º, e ambas se solucionaron sen ningún problema. Crese que nesta última participou TutmosisThutmose III.
 
:* '''Quinta campaña'''. Contra o país de Mau, ao sur de Nubia. Foi inmediatamente logo da cuarta campaña, talvez debido a unha coalición destes dous pobos. Existen mencións a unha caza de rinocerontes, e tamén é probable que TutmosisThutmose III estivese á fronte do exército.
 
:* '''Sexta campaña'''. Unha vez máis, TutmosisThutmose III -anticipando o seu papel de rei guerreiro que no seu reinado en solitario acabaría por desenvolver con excelentes resultados- marchou a Palestina e conquistou a cidade de [[Gaza, Palestina|Gaza]], que se rebelou recentemente. As datas sobre esta campaña datan de finais do reinado de Hatshepsut, quizais inmediatamente antes de morrer a raíña. Como se pode ver, o seu papel era xa unicamente representativo, e TutmosisThutmose III converteuse no monarca dominante do curioso tándem real.
 
=== A viaxe a Punt ===