Amón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Iconografía: XII dinastía exipcia
m XVII dinastía exipcia
Liña 1:
[[Ficheiro:Amun.svg|miniatura|dereita|Amón.]]
'''Amón''' era unha deidade local de Tebas, símbolo do poder creador e "Pai de todos os ventos" na [[mitoloxía exipcia]]. Amón é helenización do nome exipcio ''Amen'' ou ''Imen'', en grego: ''Amón'', que corresponde á deidade grega [[Zeus]]. Orixinalmente unha deidade tebana, cuxo culto se popularizou cando a cidade de [[Tebas, Exipto|Tebas]] pasou a ser unha das máis influentes de [[Exipto]], tras a expulsión dos [[hicsos]] a mans dos príncipes tebanos que darían orixe á [[DinastíaXVII dinastía exipcia|dinastía XVII]].
 
== Iconografía ==
Liña 14:
Cobra grande importancia durante a [[XII dinastía exipcia|dinastía XII]] do [[Imperio Medio]] (c. 2000 - 1800 a. C.), en Tebas, onde se lle erixiu o denominado templo de [[Karnak]].
 
A comezos do [[Imperio Novo]] foi considerado o deus dinástico, pola devoción que lle profesaban os faraóns tebanos, eclipsando o predominio do deus guerreiro [[Montu]], outra divindade venerada en Tebas. A guerra contra os [[hicsos]] levada a cabo polos príncipes tebanos da [[XVII dinastía exipcia|dinastía XVII]] provocaría tamén o encumbramento do deus da cidade á máxima divindade do panteón exipcio, unha vez lograda a vitoria coa liberación e reunificación do país.
 
Os [[sumo sacerdote de Amón|sacerdotes de Amón]] convertéronse no sector máis influente da sociedade exipcia durante o [[Imperio Novo]], chegando ata a enfrontarse ao denominado "[[faraón]] herético" [[Amenhotep IV]] (Akhenaton). Nesta época comezou a súa síntese co antigo deus Ra, logrando un sincretismo baixo a denominación Amón-Ra, Rei dos deuses.
Liña 22:
=== Mitoloxía ===
[[Ficheiro:Cryosphinx.jpg|miniatura|Estatua de Amón. Templo de Karnak.]]
O culto de Amón alcanzou principal importancia coa expulsión dos [[hicsos]], lograda a finais da [[DinastíaXVII dinastía exipcia|dinastía XVII]], polos príncipes provenientes orixinalmente de ''Uaset'' (Tebas).
 
Así, a cidade de [[Tebas, Exipto|Tebas]] e o deus Amón estaban intimamente ligados. No antigo Exipto, cada cidade tiña o deus particular da rexión, [[Ajmin]] con [[Min (deus)|Min]], Tebas con '''Amón''', [[Menfis]] dedicada ao deus [[Ptah]], [[Abidos]] a [[Osiris (deus)|Osiris]], [[Heliópolis]] o culto a [[Ra (deus)|Ra]] e unha multitude de cidades e pobos menores tiñan o seu deus local, a modo de patrón da cidade, por exemplo [[Buto]] coa deusa [[Uadyet]] simbolizada cun [[áspide]] exipcio, visto comunmente como un atributo real nas coroas dos faraóns.
Liña 40:
 
== Nomes teóforos ==
Diversos personaxes exipcios adoptaron na súa titulatura o nome de Amón ou Amen: catro [[faraón]]s da [[dinastía XII]], os denominados [[Amenemhat]], "Amón é o primeiro", varios da [[dinastía XIII]], catro faraóns da [[XVII dinastía exipcia|dinastía XVIII]], os denominados [[Amenhotep]] "Amón está satisfeito", chamados Amenofis polos gregos, como o soado [[Tutankhamon]], [[Akhenatón|Amenhotep IV]]; [[Amenmeses]] da [[dinastía XIX]]; [[Amenemope]], [[Siamón]], da [[dinastía XXI]] etc.
 
== Véxase tamén ==