Diferenzas entre revisións de «Constantino García»

m
sen resumo de edición
m
m
'''Constantino García González''', nado en [[Oviedo]] o [[20 de xullo]]<ref>[http://academia.gal/documents/10157/27090/Constantino+Garcia.pdf Constantino García, no seu discurso de recepción a Constantino García na [[RAG]], [http://academia.gal/documents/10157/27090/Constantino+Garcia.pdf menciona a data de 20 de setembro] (páxina 17)</ref>de [[1927]] e falecido en [[Santiago de Compostela]] o [[23 de outubro]] de [[2008]], foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Logo de formarse nas universidades de [[Universidade de Oviedo|Oviedo]], Madrid e Bonn, en [[1965]] chegou á [[Universidade de Santiago]] para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do [[Instituto da Lingua Galega]] en [[1971]] e do [[Centro Ramón Piñeiro]] en [[1993]], e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En [[1982]] ingresa na [[Real Academia Galega]], entidade da que foi secretario entre [[1997]] e [[2001]]. Recibiu a [[Medalla Castelao]] en 2002.
 
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na [[Televisión de Galicia]] do programa ''[[Cousas da lingua]]'', un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do [[Atlas Lingüístico Galego]] e de diversas obras [[lexicografía|lexicográfica]]s.
19.544

edicións