Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 232:
 
=== Crise trala Reforma Protestante ===
Cando [[Martiño Lutero]] comezou en [[1517]] o que máis tarde se coñecería como a [[Reforma Protestanteprotestante]], moitos duques locais viron a oportunidade de opoñerse ao emperador do Sacro Imperio Romano, que dende 1519, era [[Carlos I de España|Carlos V]], cuxos dominios comprendían gran parte de Europa e América: o [[Imperio español]] e os Países Baixos, o reino Xermánico, Austria, Italia, Tunisia e até [[Transilvania]] (en Hungría). O Imperio viuse dividido polas disputas relixiosas, co norte e o leste, así como moitas das súas maiores cidades, como Estrasburgo, Frankfurt e Nuremberg, no lado [[protestante]], mentres que as rexións meridionais e occidentais se mantiñan maioritariamente no [[catolicismo]]. Trala abdicación de Carlos V, o Imperio dividiuse entre o seu fillo [[Filipe II de España|Filipe II]], que ostentaría a coroa española, os Países Baixos e a herdanza italiana dos [[Reis Católicos]], e o seu irmán Fernando. En 1526 produciuse a batalla de Mohács, onde os exércitos do reino húngaro foron derrotados polas forzas otomás do sultán [[Suleiman I|Solimán o Magnífico]], e o rei [[LuisLuís II de Hungría]] morreu en combate. En pouco tempo, o reino sen herdeiros foi ocupado polos exércitos otománs e Fernando de Habsburgo reclamou a coroa para si mesmo, xa que casara con Ana Jagellón de Hungría, irmá do falecido rei, mentres por outra parte María de Habsburgo casara co rei húngaro. A partir dese momento, a Casa dos Habsburgos reinou tamén sobre Hungría (e Bohemia, pois a coroa checa tamén fora herdada polos reis húngaros) até 1918.
 
Por outra parte, o norte dos Países Baixos, na súa maioría protestante, conseguiu separarse da coroa española, católica por excelencia. Tras un século de disputas, o conflito, xunto a outras disputas, derivou na [[Guerra dos Trinta Anos]] (1618–1648), que devastou o Imperio. As potencias estranxeiras, incluídas Francia e Suecia, interviñeron no conflito, reforzando o poder dos contendentes do Imperio e apoderándose de considerables zonas de territorio imperial.