Diferenzas entre revisións de «Museo»

m
→‎Historia: arranxiño
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo))
m (→‎Historia: arranxiño)
 
== Historia ==
Na súa orixe, un '''museo''' era un templo de [[musa]]s, un lugar sacro que elas frecuentaban, e non hai que esquecer que, na súa orixe, as musas eran as deusas da memoria. Máis tarde, na época da [[dinastía Ptolemaicatolemaica]], [[Tolomeo II|Tolomeo Filadelfo]] mandou construír en [[Alexandría]] un edificio ao que chamou '''Museo''' (outras fontes aseguran que o seu fundador foi [[Tolomeo I Sóter]], pai do anterior). Estaba dedicado ao desenvolvemento de todas as [[ciencia]]s e servía ademais para os faladoiros dos literatos e sabios que vivían alí, baixo o patrocinio do Estado. Naquel museo foise formando aos poucos unha importante biblioteca.
 
Os escritores [[lingua latina|latinos]] sinalan a existencia dun significado adicional de "museo". Todo parece indicar que así chamaban na antigüidade romana a unhas grutas cunhas características especiais, e que, situadas dentro das vilas, os seus propietarios utilizábanas para retirarse a meditar.
107.079

edicións