Pavillón Polideportivo A Malata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + Cda
m Bot: Substitución da categoría "Pavillóns de baloncesto" pola categoría "Pavillóns de baloncesto por países"; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Polideportivo A Malata.JPG|300px|miniatura|dereita|Exterior do Pavillón da Malata.]]
O '''Pavillón Polideportivo A Malata''' é un recinto deportivo cuberto sito na [[A Malata, Serantes, Ferrol|Malata, Serantes]], no concello de [[Ferrol]], que se dedica á práctica do [[baloncesto]] e do [[fútbol sala]]. Nel xoga os seus encontros como local o [[O'Parrulo FS]], e tamén foi o fogar do desaparecido [[OAR Ferrol]]. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.
== Campionato mundial de baloncesto 1986 ==
[[Ficheiro:Robredo vs Verdasco na Malata - Ferrol - 7-12-2008.jpg|miniatura|dereita|300px|Final do campionato de España de tenis de 2008.]]
Inaugurado en [[1986]], o pavillón foi elixido ese mesmo ano para ser unha das 7 ses que acolleron o [[Campionato mundial de baloncesto de 1986|Mundial de baloncesto 1986]]. Na Malata xogáronse tódolos encontros do Grupo B durante a primeira fase, con seleccións como Cuba, Israel, Australia, Angola, Uruguai e a Unión Soviética, que finalmente foi subcampioa do mundo.
== Outros eventos ==
Nos seguintes anos o pavillón acolleu ducias de encontros do [[OAR Ferrol]] na [[Liga ACB]], e do [[O'Parrulo FS]] na [[Primera División de Futsal|Primeira División da LNFS]].
 
Na primeira semana de decembro de [[2008]], na Malata disputouse o campionato de España de tenis. A final xogouse o [[7 de decembro]], e nela enfrontáronse [[Fernando Verdasco]] e [[Tommy Robredo]], con vitoria do segundo.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.oparrulo.es/?El_Club/Sede_Social Información do pavillón na web do O'Parrulo FS] {{es}}.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pavillóns de baloncesto por países]]
[[Categoría:Deporte en Ferrol]]
[[Categoría:Pavillóns de Galicia]]