Kriegsmarine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
=== Segunda Guerra Mundial ===
Os feitos máis importantes da [[Segunda Guerra Mundial]] onde participou a ''Kriegsmarine'' durante o primeiro ano de guerra faoifoi a [[Batalla do Río da Prata]] e o afundimento do HMS ''Royal Oak'' e o HMS ''Courageous''. A [[Batalla do Atlántico]] comezaría ese ano, aínda que a frota de submarinos alemá estaba paralizada pola escasez de bos portos dende os cales atacar aos barcos aliados.
 
En abril de [[1940]], a principal acción onde actuou foi a invasión de [[Noruega]], onde sufriu perdas moi importantes, incluíndo o cruceiro pesado ''Blücher'', afundido pola fortaleza costeira de Oscarsborg no ''Oslofjord'' (fiordo de [[Oslo]]), e dez destructores perdidos na [[Batalla de Narvik]]. A ''Kriegsmarine'' afundiría tamén un bo número de buques ingleses, incluíndo o portaavións HMS ''Glorious''.