Banda Recreativa e Cultural de Bandeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: arranxiños
Liña 39:
Desaparecida a [[Banda Municipal de Silleda|banda de Silleda]] en [[1977]], o seu último director, [[José Villaverde Gómez]], que xa tocara na banda da súa parroquia natal, [[Orazo, A Estrada|Orazo (A Estrada)]], tomou as rendas desta agrupación, que se presentaría ao público o martes de [[Entroido]] do ano [[1982]] na propia vila da Bandeira.
 
A agrupación formouse no ano 1980 cando un grupo de amigos ("Pilotos", "Mejuto" e Manolo Villaverde) elixiron como profesor e director a José Villaverde Gómez, quen estivo ó cargo da mesma ata setembro do ano [[1989]]. Os inicios foron no baixo da casa de "Mejuto" e os primeiros ensaios na taberna do Xoaneiro. Logo de aquí pasouse á Casa Cultural do pobo. No ano [[1983]], participou no Certame de Bandas Populares de Galicia, celebrado en [[Santiago de Compostela]] e recibe a mención de ''Banda máis xovenxove de Galicia.'' Arredor de [[1985]], tivo lugar a primeira gravación da banda en casettecasete a.
 
No ano [[1989]] a asociación contratou como director a [[Luis Alberto González Amosa]], con tan só 17 anos. En [[1991]], a formación acadou o cuarto posto no 1º Certame de Bandas Populares de Galicia, celebrado en [[Lalín]]. No [[2000]] tomou a batuta [[Braulio Manuel Cao Ledo]], músico por oposición da [[Banda Municipal de Santiago de Compostela]]. En xaneiro de [[2008]] a dirección da banda pasou a mans de [[Miguel Rodríguez Barrio]], membro da [[Banda Artística de Merza]], quen a dirixiu ata outubro de [[2015]]. Desde novembro de 2015, a dirección da banda está a cargo de [[José Lodeiro Gesto]]<ref>[http://www.noticieirogalego.com/2015/12/o-novo-director-da-banda-recreativa-e-cultural-da-bandeira-presentase-este-domingo-cun-concerto-no-auditorio-manuel-dopazo/ O novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira preséntase este domingo cun concerto no auditorio Manuel Dopazo] en [[Noticieiro Galego]] (18/12/2015) (Consultado o 23/11/2016).</ref>.