Protestantismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de formato.
m →‎Variantes: arranxiños
Liña 8:
Na Suíza de fala alemá, [[Ulrico Zuinglio]], [[Ecolampadio]] e outros comezaron tamén un intento de reforma da Igrexa católica, de carácter máis profundo e enriquecido por unha teoloxía moito máis elaborada.
 
[[Xoán Calvino]] foi o dirixente máis destacado da [[Reforma Protestanteprotestante]] en Suíza. A Reforma que se iniciou case simultaneamente en Zúric (Cantón de fala alemá) e Xenebra (francófona) foi estendéndose grazas ao traballo de moitos pastores e reformadores da Igrexa por todos os países veciños. Ata chegou ata Escocia grazas ao esforzo misioneiro do reverendo escocés John Knox que se formou en Xenebra.
 
A [[Igrexa de Inglaterra]] non se deixou influír nun primeiro momento polo protestantismo, pero tras a súa ruptura coa [[Igrexa de Roma]], comezou un paulatino e vacilante achegamento cara aos ideais reformados. Actualmente as igrexas da [[Comuñón Anglicana]] decláranse claramente reformadas.
 
Fóra dese protestantismo, que moitos estudosos denominan "maxistral", deuse outra vertente, que se distinguiu tanto do catolicismo romano como das igrexas protestantes de carácter nacional. Esta corrente recibe o nome de [[Reformareforma Radicalradical]]. O historiador George Williams diferencia á súa vez as seguintes correntes dentro desta Reforma: Espiritualistasespiritualistas, Racionalistasracionalistas e [[Anabaptismo|Anabaptistasanabaptistas]]. Os anabaptistas rexeitaron a unión da igrexa cristiá co Estado e repudiaron o [[bautismo]] infantil, constituíndose en igrexas independentes ou segregadas. O maior achegue á modernidade descansaría na súa persistente promoción da separación entre a igrexa cristiá e o estado, a liberdade relixiosa persoal e o exercicio dun goberno plenamente democrático nos seus congregacións.
 
Así conviviron en toda Europa dous movementos protestantes diferenciados. O movemento reformado, liderado polas Igrexasigrexas reformadas e luteranas, e o movemento radical que acabaría desenvolvéndose en grupos separatistas como os menonitas.
 
[[Ficheiro:Protestantbranches es.svg|700px|miniatura|centro|Ramificación do protestantismo ao longo dos séculos.]]