Crocodylus suchus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
Historicamente, ''C. suchus'' habitaba no [[río Nilo]] no [[Baixo Exipto]] xunto co crocodilo do Nilo. [[Herodoto]] escribiu que os sacerdotes do antigo exipto eran selectivos cando capturaban crocodilos, xa que sabían que ''C. suchus'' era máis pequeno e máis dócil e doado de capturar e manter e coidar nos templos.<ref name="hekkala"/> Cando morrían os crocodilos dos templos eran momificados e metidos en sarcófagos, dos cales se conservan moitos.
 
No antigo Exipto utilizábanse feitizos para apaciguarapazugar os crocodilos, e incluso nos tempos modernos os pescadores nubios colocan figuras de crocodilos na porta de casa para gardarse do mal.
 
En tempos modernos, os pobos tradicionais de Mauritania que vivían en estreita proximidade cos crocodilos do deserto reveréncianos e protéxenos. Isto débese á súa crenza de que igual que a auga é esencial para os crocodilos, os crocodilos son esenciais para a auga, que desaparecería completamente se eses animais non vivisen alí. Os crocodilos viven alí en harmonía cos humanos, e nun ca atacan a nadadores.<ref name = "desert"/>