Río Missouri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m londra ou lontra
→‎Impacto humano: texto traducido desde a wiki .es:Río_Misuri#Impacto_humano
Liña 415:
 
O [[Fondo Mundial para a Natureza]] divide a conca do Missouri en tres [[ecorrexión]]s de auga doce: o Alto Missouri (ou Missouri Superior, ''Upper Missour''), Baixo Missouri (''Lower Missouri'') e a Pradería Central (''Central Prairie''). O Alto Missouri, que máis ou menos abarca a área dentro de Montana, Wyoming, o sur de Alberta e Saskatchewan, e Dacota do Norte, componse principalmente de pasteiros semiáridos de [[arbusto estepario]] con escasa biodiversidade por mor das [[glaciación]]s da [[Idade de Xeo]]. Non hai [[Endemismo|especies endémicas]] coñecidas dentro da rexión. Fóra das cabeceiras, nas Rochosas, hai pouca precipitación nesta parte da conca.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=142 |title=Upper Missouri |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de octubre de 2010}}</ref> A ecorrexión Medio Missouri, que se estende a través de Colorado, o suroeste de Minnesota, o norte de Kansas, Nebrasca e partes de Wyoming e Iowa, ten maior precipitación e caracterízase polos bosques tépedos e pasteiros. A vida vexetal é máis diversa no Medio Missouri, que é tamén o fogar de aproximadamente o dobre de especies animais.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=142 |title=Middle Missouri |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de outubro de 2010}}</ref> Por último, a ecorexión da pradería Central atópase na parte inferior do Missouri, abarca a totalidade ou partes de Missouri, Kansas, Oklahoma e Arcansas. A pesar das grandes fluctuacións estacionais de temperatura, esta rexión ten a maior diversidade de plantas e animais das tres. Trece especies de [[Cangrexo de río|cangrexos de río]] son endémicas do Missouri Inferior.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=146 |title=Central Prairie |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de outubro de 2010}}</ref>
=== Impacto humano ===
[[Ficheiro:Mo River Courthouse, GF Montana 2.jpg|miniatura|O Missouri a través de [[Great Falls (Montana)|Great Falls]]]]
[[Ficheiro:Nishnabotna River aerial.jpg|miniatura|Os campos agrícolas dominan a maior parte da antiga chaira de inundación, incluíndo esta área ao redor da confluencia do Missouri co [[río Nishnabotna]], no oeste de Missouri.]]
 
Desde o principio do comercio fluvial e do desenvolvemento industrial na década de 1800, o Missouri foi gravemente contaminado e a calidade das súas augas foi degradada pola actividade humana. A maior parte do hábitat das chairas de inundación do río desapareceu, substituído por terras agrícolas de regadío. O desenvolvemento da planicie de inundación deu lugar a crecentes cantidades de persoas e infraestruturas dentro das áreas con alto risco de inundación. Construíronse diques ao longo de máis dun terzo do río co fin de manter as crecidas dentro da canle, pero como consecuencia, a corrente fixose máis rápida co consecuente aumento dos caudais máximos nas zonas baixas. A escorrentía de fertilizantes, que provoca elevados niveis de nitróxeno e outros nutrientes, é un problema importante ao longo do Missouri, especialmente nos estados de Iowa e Missouri. Esta forma de contaminación tamén afecta en gran medida aos ríos do Alto Mississippi, Illinois e Ohio. Os baixos niveis de osíxeno nos ríos e na gran [[Área morta|zona morta do golfo de México]], ao final do delta do Mississippi, é o resultado das altas concentracións de nutrientes no Missouri e outros afluentes do Mississippi.<ref>{{cite web |last=Booth |first=Mary |url=http://www.ewg.org/reports/deadzone |title=Dead in the Water |publisher=Environmental Working Group |date=April 2006 |accessdate=17 de outubro de 2010|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://www.ewg.org/reports/deadzone|data-arquivo=3 de decembro de 2015}}</ref><ref>Singer, pax. 80–85</ref>
 
== Notas ==