Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Elisardojm (conversa | contribucións)
en considerar
Liña 49:
Antes deste período, o coñecemento sobre a estrutura do corazón era moi sumario. No Exipto, malia a práctica do [[embalsamamento]], non había coñecemento suficiente sobre anatomía, porque os órganos eran extraídos a través de pequenas incisións. Na Grecia antiga as observacións anatomicas eran realizadas soamente en animais. A escola [[Hipócrates|hipocrática]] do século V a.C., que alcanzou niveis inimaxinables no campo clínico, non tiña unha clara representación do sistema cardiovascular. Unha descrición bastante detallada pódese atopar na obra "Sul cuore" (''peri karion''), contida no ''Corpus hippocraticum'', pero é amplamente aceptado que o texto foi engadido ao ''Corpus'' moito máis tarde; este tratado foi aínda importante fonte de coñecemento ata finais do século XVI.
 
[[Aristóteles]] (384-322 a.C.), grazas ao uso sistemático da disección animal, estableceu as bases anatómicas para unha nova medicina que ía alén da clínica. O gran filósofo identificou tres cavidades no corazón (a aurícula dereita era considerada parte da vea cava) e gañou creto por ter sido o primeiro aen considerar que o sistema vascular ten orixe no corazón.<ref>{{Cita libro|autor=J. Jouanna|título=Hippocrates|ano=1999|editor=The Johns Hopkins University Press|cita=Baltimore|p=311|ISBN=0-8018-5907-7}}</ref>
 
[[Ficheiro:Galenoghippokrates.jpg|miniatura|Galeno e Hipócrates nunha pintura do século XII ([[Catedral de Anagni]])]]