Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 118:
O corazón humano está situado no [[mediastino]], á altura das [[vértebra torácica|vértebras torácicas T5-T8]]. Está envolvido por um saco con dúas membranas denominado [[pericardio]].<ref>{{cite book|first1=William Alexander Newma|last1=Dorland's|title=Dorland's Illustrated Medical Dictionary|date=2012|publisher=Elsevier Health Sciences|isbn=978-1-4160-6257-8|page=1461|edition=32nd}}</ref> A superficie posterior do corazón encóntrase adxacente á [[columna vertebral]], e a superficie anterior encóntrase adxacente ó [[esterno]] e ás [[costela]]s.<ref name="CNX2014"/> A parte superior do corazón é o punto de fixación de varios vasos sanguíneos de grandes dimensións, que son as [[veas cavas]], [[aorta]] e [[Arteria pulmonar|tronco pulmonar]]. A parte superior do corazón atópase á altura da terceira cartilaxe costal.<ref name="CNX2014"/> O extremo inferior do corazón, o ápex cardíaco, atópase á esquerda do esterno, a aproximadamente 8 a 9 cm da [[liña medio-esternal]], entre a unión das cuarta e quinta vértebras, próximo da articulación coas respectivas cartilaxes costais.<ref name="CNX2014"/>
 
Normalmente, a maior parte do corazón está lixeiramente desprazado cara á esquerda do tórax, aínda que moi raramente poida estar [[dextrocardia|desprazado cara á dereita]]. A percepción de que se atopa no lado esquerdo é ampliada polo feito de que o corazón esquerdo é a parte máis grande e máis forte, xa que ten a función de bombear o sangue a todo o corpo. Como o corazón está entre os [[pulmón|pulmóns]], o pulmón esquerdo é menor que o pulmón dereito e o serseu bordo ventral presenta unha concavidade para acomodar o corazón que é a incisura cardíaca.<ref name="CNX2014"/>
 
O corazón ten forma cónica, coa súa base orientada cara arriba e o ápex cara á parte inferior do corpo.<ref name="CNX2014"/> Un corazón adulto ten unha masa de 250 a 350 gramos.<ref>{{cite web|last1=Bianco|first1=Carl|title=How Your Heart Works|url=http://health.howstuffworks.com/human-body/systems/circulatory/heart1.htm|website=HowStuffWorks|accessdate=14 de agosto de 2016}}</ref> O corazón ten normalmente o tamaño dun puño: 12&nbsp;cm de lonxitude, 8&nbsp;cm de ancho, e 6&nbsp;cm de grosor.<ref name="CNX2014"/> [[Atleta]]s ben adestrados poden ter corazóns máis grandes debido ao efecto dos exercicios sobre o músculo cardíaco, similar á resposta do [[músculo esquelético]].<ref name="CNX2014"/>