Río Missouri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m londra ou lontra
Liña 412:
[[Ficheiro:Missouririverecoregions.jpg|miniatura|[[Ecorrexión]]s de auga doce da conca do Missouri]]
 
Historicamente, os miles de quilómetros cadrados da chaira de inundación do río Missouri daban soporte a unha ampla variedade de especies de plantas e animais. A biodiversidade en xeral aumentaba ao ir augas abaixo desde as cabeceiras frías e subalpinas en Montana, cara ao clima tépedo e húmido de Missouri. Hoxe en día, a zona ribeirega do río componse principalmente de [[álamo]]s, [[salgueiro]]s e [[platanus|sicomoros]], con outros tipos de árbores como o [[pradairo]] e [[freixo]].<ref name=benke/>{{rp|436}} A altura media das árbores aumenta xeralmente ao afastarse da beira do río unha distancia limitada, xa que a terra adxacente ao río é vulnerable á erosión do chan durante as inundacións. Debido ás grandes concentracións de sedimentos, o Missouri non soporta moitos invertebrados acuáticos.<ref name=benke/>{{rp|436}} Con todo, a conca alberga preto de 300 especies de aves<ref name=benke/>{{rp|436}} e 150 especies de peixes,<ref>{{cite web |url=http://www.npwrc.usgs.gov/resource/fish/othrfish/overview.htm |title=The Missouri River System's "Other" Fish |publisher=Northern Prairie Wildlife Research Center |date=3 de agosto de 2006 |accessdate=8 de octubre de 2010|urlarquivo=http://web.archive.org/web/http://www.npwrc.usgs.gov/resource/fish/othrfish/overview.htm|dataarquivo=3 de diciembre de 2015}}</ref> algúns deles en perigo de extinción, como o [[Scaphirhynchus albus|esturión pálido]]. Os hábitats acuáticos e ribeiregos do Missouri tamén soportan varias especies de mamíferos, como os [[Neovison vison|bisones]], [[Lontra canadensis|nutriaslondras de río]], [[Castor americano|castores]], [[Rata de almiscre|ratos almiscreiros]] e [[mapache]]s.<ref name=benke/>{{rp|438}}
 
O [[Fondo Mundial para a Natureza]] divide a conca do Missouri en tres [[ecorrexión]]s de auga doce: o Alto Missouri (ou Missouri Superior, ''Upper Missour''), Baixo Missouri (''Lower Missouri'') e a Pradería Central (''Central Prairie''). O Alto Missouri, que máis ou menos abarca a área dentro de Montana, Wyoming, o sur de Alberta e Saskatchewan, e Dacota do Norte, componse principalmente de pasteiros semiáridos de [[arbusto estepario]] con escasa biodiversidade por mor das [[glaciación]]s da [[Idade de Xeo]]. Non hai [[Endemismo|especies endémicas]] coñecidas dentro da rexión. Fóra das cabeceiras, nas Rochosas, hai pouca precipitación nesta parte da conca.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=142 |title=Upper Missouri |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de octubre de 2010}}</ref> A ecorrexión Medio Missouri, que se estende a través de Colorado, o suroeste de Minnesota, o norte de Kansas, Nebrasca e partes de Wyoming e Iowa, ten maior precipitación e caracterízase polos bosques tépedos e pasteiros. A vida vexetal é máis diversa no Medio Missouri, que é tamén o fogar de aproximadamente o dobre de especies animais.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=142 |title=Middle Missouri |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de outubro de 2010}}</ref> Por último, a ecorexión da pradería Central atópase na parte inferior do Missouri, abarca a totalidade ou partes de Missouri, Kansas, Oklahoma e Arcansas. A pesar das grandes fluctuacións estacionais de temperatura, esta rexión ten a maior diversidade de plantas e animais das tres. Trece especies de [[Cangrexo de río|cangrexos de río]] son endémicas do Missouri Inferior.<ref>{{cite web |url=http://www.feow.org/ecoregion_details.php?eco=146 |title=Central Prairie |publisher=Freshwater Ecoregions of the World |date=26 de agosto de 2010 |accessdate=8 de outubro de 2010}}</ref>