Río Mente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
==Percorrido==
Nace na [[Serra de Texeiras]], a 1281 m de altitude, no límite entre os concellos de [[Riós]] e [[[Castrelo do Val]]. Vai cara ao sur polo concello de Riós durante 25 km até a aldea da [[A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós|Veiga do Seixo]], na parroquia de [[Castrelo de Cima, Riós|Castrelo de Cima]]. Fai fronteira entre [[Galicia]] e [[Portugal]] até recibir as augas do río Arzóa, e desauga no [[río Rabazal]], a 400 m de altitude. Ao seu paso pola aldea portuguesa de Sandim as súas augas teñen propiedades minerais e medicinais.
 
Morfoloxicamente é un río que escavou un profundo [[val]] encaixado, no que o desnivel entre o leito e a [[montaña]] pode superar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente [[Rocha|rochosas]], con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha gran [[biodiversidade]]. As súas características concedéronlle o dereito de pertenza ao Parque Natural de [[Montesinho]] en Portugal e á [[Rede Natura 2000]].