Diferenzas entre revisións de «Ducado de Spoleto»

sen resumo de edición
Á morte de [[Carlos o Calvo]] o [[888]] Guido fíxose coroar emperador e rei de Italia polo Papa [[Estevo V, Papa|Estevo V]] ([[891]]) e no [[892]] o papa [[Formoso, Papa|Formoso]] coroou ao fillo de Guido, Lamberto II, como duque, rei de Italia e emperador.
 
[[Alberico I]] duque de Camerino ([[897]]) e despois de Spoleto ( [[898]]) casou coa romana [[Marozia]], a amancebada do Papa [[Serxio III, Papa|Serxio III]] (904-911), pero foi asasinado polos romanos o [[924]]. O seu fillo [[Alberico II]] derrocou a Marozia en [[932]]. O [[949]] o ducado foi ocupado polo rei de Italia e emperador [[Berengario II]]. O emperador [[OtónOdón I]] segregoulle a terra chamada ''Sabina Longobardica'' e cedeuna ao Papa.
 
Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O [[967]] OtónOdón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo PandolfoPandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o [[989]] a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o [[999]], e despois outra vez o [[1010]] (ata o [[1020]]) e o [[1043]] (ata o [[1057]]). O [[1057]] Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de [[Bonifacio de Toscana]] e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o [[1158]] (agás de [[1093]] a [[1119]] en que foi duque Werner II, margrave de [[Ancona]], nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).
 
O [[1155]] [[Frederico I Barbarroxa]] destruíu a cidade pero foi reconstruída. O [[1158]] o ducado foi dado a Guelfo VI de Este. A partir de [[1172]] os duques nomeados polo emperador pertencían á casa alemá dos Urslingen. Á morte de Conrado de Urslingen o [[1198]] foi cedido ao Papa [[Inocencio III, Papa|Inocencio III]], pero o [[1209]] foi ocupado por [[OtónOdón de Brunswick]], que nomeou duque a Dipoldo de Vohburg. Finalmente o [[1228]] pasou ao Papa baixo un gobernador, xeralmente un cardeal. Aínda que a nivel local foi teatro de loitas entre [[güelfos]] e [[xibelinos]], o cardeal Albornoz restaurou o pleno dominio pontificio o [[1354]].
 
O título de duque de Spoleto foi usado no século XIX pola casa de Savoia.
*Ao Papa: [[1198]]-[[1222]].
 
*[[OtónOdón de Brunswick]]: [[1209]]-[[1210]].
*[[Dipoldo de Vohburg]]: [[1210]]-[[1222]].
*[[Bertoldo I de Urslingen]]: [[1222]]-[[1228]].
52.362

edicións