Comarca da Terra de Soneira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Economía: ligazóns
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío
Liña 22:
 
A industria está reducida a empresas situadas nos polígonos industriais de [[Parque empresarial de Vimianzo|Vimianzo]] e [[polígono industrial do Allo|O Allo]]. O sector servizos ten presenza nas vilas da comarca, Vimianzo, [[Baio, Zas|Baio]], [[A Ponte do Porto, A Ponte do Porto, Camariñas|A Ponte do Porto]] e Camariñas.<ref name=”Lema”/>
 
== Xeografía ==
A Soneira interior está composta principalmente polo val do [[río Grande, ría de Camariñas|río Grande ou río do Porto]], separado da [[comarca do Xallas]] pola serra de Santiago. Aí está o punto máis alto da comarca, o pico de Meda. A zona sur da comarca forma parte do val do [[río Xallas]], no que se construíu o [[encoro da Fervenza]].<ref name=”Lema”/>
 
A parte litoral da comarca comprende basicamente o concello de Camariñas, situado sobre unha península que limita a [[ría de Camariñas]]. A costa norte da península, que comeza co [[cabo Vilán]] é unha zona montañosa de [[granito]] aberta ao océano.<ref name=”Lema”/>
 
== Arte ==
A Terra de Soneira é unha das comarcas con maior presenza de monumentos megalíticos, como a [[arca da Piosa]] ou o [[domen de Pedra Cuberta]]. Existen tamén varios castros e algúns restos da presenza romana, especialmente en [[Brandomil, Zas|Brandomil]], identificado posiblemente co Grandimirum da [[vía XX|vía romana XX]]. No adro de [[Tines, Vimianzo|Tines]] atopouse unha necrópole romano-sueva.<ref name=”Lema”/>
 
As principais igrexas románicas son as de [[Cereixo, Vimianzo|Cereixo]], [[Xaviña, Camariñas|Xaviña]] e [[Baíñas, Vimianzo|Baíñas]], conservadas completamente. Pola contra, o gótico chegou tardiamente nunha variedade coñecida como “gótico mariñeiro”, presente na comarca nalgunhas bóvedas de crucería. Outras estruturas góticas son o cruceiro dos Santos, entre [[Bamiro, Vimianzo|Bamiro]] e [[Vilar, Zas|Vilar]] e o [[castelo de Vimianzo]]. Pouco despois da reconstrución deste castelo as [[Torres do Allo]], con elementos renacentistas, inician a era dos pazos galegos. Neste estilo tamén destaca a fachada da igrxa do [[O Allo, Zas|Allo]].
 
Igual que no resto de Galicia, o barroco ten unha gran presenza nesta zona, destacando as igrexas de [[Cambeda, Vimianzo|Cambeda]] e a vella de [[Baio, Zas|Baio]] ou as Torres de Romelle en [[Loroño, Zas|Loroño]]. O neoclasicismo en cambio está presente en moitos retablos, mais en poucos edificios, entre os que destaca a capela da Concepción en Transouteiro.
 
Algunhas obras destacadas a partir do século XIX son a ponte sobre o río Grande en Baio (1851-1853), o [[faro de cabo Vilán]] (1890-1896) ou a casa do concello de Zas (1951).
 
== Comunicacións ==
Liña 52 ⟶ 66:
<gallery>
Ficheiro:Comarca da Terra de Soneira.png
Ficheiro:Arca da Piosa0.jpg|Arca da Piosa
Ficheiro:Dolmen Pedra Cuberta.jpg|Dolmen de Pedra Cuberta
Ficheiro:Estela de Victorino.jpg|Estela de Tines, que se conserva no [[Museo Arqueolóxico da Coruña]]
Ficheiro:Cereixo. Vimianzo. Galiza-2.jpg|Igrexa románica de Cereixo
Ficheiro:Igrexa de Santa María de Xaviña, Camariñas.jpg|Igrexa románica de Xaviña
Ficheiro:Castelo dos Moscoso.jpg|Castelo de Vimianzo
Ficheiro:Torres do Allo, Zas.jpg|Torres do Allo
Ficheiro:Igrexa de San Xoán de Cambeda|Igrexa de Cambeda
Ficheiro:Faro de Cabo Vilán 3n 1996 - Camariñas.jpg|Faro de cabo Vilán
Ficheiro:Casa Concello Zas.JPG|Casa do concello de Zas
</gallery>
 
Liña 59 ⟶ 83:
{{ConcellosTerradeSoneira}}
{{Comarcas}}
 
{{Comarcas de Galicia en progreso}}
 
[[Categoría:Comarcas da provincia da Coruña|Terra de Soneira, Comarca da]]