Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.
 
A ''[[Historia Compostelana|Historia Compostelá]]'', escrita pola contorna do bispo [[Diego Xelmírez]] a partir do ano [[1109]] recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) <ref>Alí ibn Yúsuf foi o emir almorábide desde 1106 ata a súa morte en 1143. O seus dominios estendíanse por Marrocos e Andalucía, Valencia e parte de Aragón (conquistou Zaragoza en 1110), Cataluña e Portugal.</ref> cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña [[Urraca de León|Urraca]], observou a marea de peregrinos e preguntou:
{{cita|"''¿Quen é ese para que o visite tan grande multitude de cristiáns? ¿Quen é ese personaxe tan grande e ilustre para que os cristiáns se dirixan a el para facer oración, desde detrás dos Pireneos e desde máis lonxe? É tan grande a multitude dos que van e volven, que cáseque non deixa libre a calzada cara a Occidente''".|López Pereira, px. 36.}}