Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
O corazón é un dos órganos que máis intrigou e suscitou interese ao ser humano, en gran parte por implicacións filosóficas e afectivas que sempre estiveran relacionadas con este músculo: o misterioso, o mítico e a fascinación entre o sagrado e o máxico, que sen descanso marcaba o tempo a vida e a morte, decretándoa coa súa parada.{{sfn|Grmek||grmek}}{{sfn|Gorny||Gorny}}
 
Na [[historia da medicina]], o home [[prehistoria|prehistorico]]{{sfn|Gorny|pp=11-14|Gorny}}, os [[babilonios]]{{sfn|Gorny|p=14|Gorny}}, os [[exipcios]]{{sfn|Gorny|pp. 15-19|Gorny}}, a [[civilización precolombiana]]{{sfn|Gorny|pp=19-28|Gorny}}, os [[pobo grego|gregos]]{{sfn|Gorny|pp=28-32|Gorny}}, os [[hindú]]s{{sfn|Gorny|pp=32-38|Gorny}} e a [[civilización chinesa]]{{sfn|Gorny|pp=38-41|Gorny}} ocupáranse do corazón tanto como o órgano sede da alma e das emocións coma orixe da forza vital. O coñecemento da anatomía do corazón baseándose no estudo autóptico do home iniciouse no período helenístico, coa constituición da escola de medicina de [[Alexandría]] (325-250 aCa.C.): a disección de cadáveres, prohibida na [[Grecia]] clásica, era consentida na Alexandría de [[Ptolomeo]].
 
Antes deste período, o coñecemento sobre a estrutura do corazón era moi sumario. No Exipto, malia a práctica do [[embalsamamento]], non había coñecemento suficiente sobre anatomía, porque os órganos eran extraídos a través de pequenas incisións. Na Grecia antiga as observacións anatomicas eran realizadas soamente en animais. A escola [[Hipócrates|hipocrática]] do século V a.C., que alcanzou niveis inimaxinables no campo clínico, non tiña unha clara representación do sistema cardiovascular. Unha descrición bastante detallada pódese atopar na obra "Sul cuore" (''peri karion''), contida no ''Corpus hippocraticum'', pero é amplamente aceptado que o texto foi engadido ao ''Corpus'' moito máis tarde; este tratado foi aínda importante fonte de coñecemento ata finais do século XVI.
 
Por moitos séculos foi o principal obxecto de estudo dos médicos e científicos: desde os árabes [[Avicena]] ([[980]] - [[1037]]) e [[Averroes]] ([[1126]]-[[1198]]){{sfn|Gorny|pp. 78-84|Gorny}} a [[Vesalio]]{{sfn|Gorny|pp=100-105|Gorny}}, [[Leonardo da Vinci]]{{sfn|Gorny|pp=97-100|Gorny}}, que representou con moita precisión a anatomía do músculo cardíaco, a [[Giovanni Maria Lancisi]] ([[1654]]-[[1720]]){{sfn|Gorny|pp=237 e 246|Gorny}} que detallou os síntomas do [[infarto]], dos [[aneurisma]]s e da [[arteriosclerose]].<ref>{{cita libro|título=De Motu Cordis et aneurysmatibus|autor=Joannes Mariae Lancisii|outros=Copia anastatica dall'originale del 1728, eseguita da Arti Grafiche Ricordi-Milano|editor=Joannem Mariam Salvioni|cita=Romae|ano=1728|lingua=la}}</ref> Antes de Lancisi, un traballo fundamental sobre a función cardíaca e a circulación sanguínea escribiuno [[William Harvey]] ([[1568]]-[[1657]]) ''Exercitatio anatomica de motu cordis et sanguinis in animalibus''.{{sfn|Gorny|pp=111-179|Gorny}}
[[Ficheiro:William Harvey (1578-1657) Venenbild.jpg|Imaxe das veas de ''Exercitatio Anatomica de Motu Cordis et Sanguinis in Animalibus'', de Harvey|dereita.|miniatura]]
 
O ''galenismo'' difundiuse ata o [[século XVIII]], e só despois comezou a perder terreo e, finalmente, apareceron os primeiros cardiólogos reais, como [[Giovanni Battista Morgagni]]{{sfn|Gorny|pp=236-251|Gorny}} e [[William Heberden]].{{sfn|Gorny|p=234|Gorny}} Por primeira vez introdúcese o concepto de [[anxina de peito]], que se mantivo como un clásico da terminoloxía cardiolóxica.
Os séculos XVIII e XIX{{sfn|Gorny|pp=195-306|Gorny}} marcaron a base da experimentación e da observación directa do corazón, pero só no século seguinte se puido testemuñar a verdadeira investigación clínica que estableceu a base para o desenvolvemento da cardioloxía moderna.{{sfn|Grmek||grmek}}<ref>{{cita web|url=http://www.gazzettinadinip.it/images/bossa/libro/Parte%20Prima-1_capitolo.pdf|formato=pdf|título=La meravigliosa storia della cardiologia, Capitolo primo|dataacceso=20 de agosto 2014}}</ref>
 
[[Ficheiro:Laennec, Diseases of the chest, 1838. Wellcome L0024809.jpg|miniatura|dereita|Estetoscopio de Laennec, ilustración do seu estudo "''Doenzas do peito"'' de 1838.]]
No século XIX, chegaran os primeiros grandes médicos clínicos, como [[René Laennec]]{{sfn|Gorny|pp=265-270|Gorny}} que inventou o [[estetoscopio]], un instrumento que lle permitiu auscultar os latexos cardíacos, pero inicialmente non foi ben aceptado polos cardiólogos do período que preferiran a [[auscultación]] clásica.<ref name=Roguin>{{cita publicación periódica |autor=Roguin A. |título=Rene Theophile Hyacinthe Laënnec (1781-1826): the man behind the stethoscope |revista=Cardiol Prat |volume=4 |ano= setembro de 2006 |pp=230-234}}</ref>
 
O tubo primitivo é sometido a un proceso de reflexión en forma de "S" (''cor sigma'') e de rotación, co cal o seo venoso e o atrio primitivo se xuntan co ventrículo e o bulbo e se dirixen cara arriba e cara atrás. Un suco circular marca a fronteira entre a parte arterial e a parte venosa ou, máis precisamente, entre o ventrículo e a aurícula. Internamente, este suco corresponde a un relevo (crista) circular que estreita o [[Lume (bioloxía)|lume]] para formar a canle auricular ou atrial (atrioventricular), a canle de comunicación das aurículas cos ventrículos, a cal será transformada nunha ampla fisura polo crecemento de dous coxins musculares, anterior e posterior. Dende aquí desenvolveranse as vávulas atrioventriculares.
 
Subsecuentemente, a partir da cuarta semana, ocorre a septación das aurículas e dos ventrículos; a través deste proceso formaranse, sobre o [[plano saxital]], o septo interatrial primitivo (''septum primum'') nas aurículas e o septo interventricular muscular. O ''septum primum'' separa parcialmente os dous atrios, presentándose como unha crista semilunar que xorde a partir do teito da aurícula cara aos coxins endocárdicos en fusión. Este proceso dá orixe ó forame oval primitivo. Ao crecer o ''septum primum'', antes da obliteración total do forame oval primitivo, xorden perforacións no "''septum primum"'', resultantes de apoptoses, representando o "''forame secundum"''. Iníciase entón a formación do "''septum secundum"'' e a dexeneración cranial do "''septum primum"''; simultaneamente, á dereita do ''septum primum'', dende a parede superior das aurículas, prodúcese o septo interatrial secundario, que reduce a amplitude do [[Forame oval (corazón)|forame oval secundario]], pero sen pechalo completamente. Este peche só ocorrerá no nacemento, ata entón os dous atrios permanecen en comunicación entre si, co fin de permitir que o sangue proveniente das veas cavas sexa derramado directamente no corazón esquerdo sen pasar polos pulmóns.
 
O septo interventricular muscular orixínase na parte inferior e crece cara arriba, asumindo unha forma semilunar coa marxe superior libre e cóncava, cuxa extremidade se une ó ''septum intermedium'', unha estrutura que separa a canle auricular e é esencial para o aliñamento das canles atrioventriculares{{sfn|Testut e Latarjet|pp=487-488|Testut-Latarjet}} no cal van formar dous retallos con funcións de vávulas (a futura [[válvula mitral]] e a [[vávula tricúspide]]) e os [[cordóns tendinosos]], que emerxen dende o engrosamento da parede interna dos ventrículos.<ref>{{cita web|url=http://digidownload.libero.it/histology/11-CUORE.pdf|formato=pdf|título= Apparato circolatorio primitivo|páxina=3-19|dataacceso=2 de outubro 2014}}</ref> O ''septum intermedium'' circunscribe, conxuntamente coa marxe libre do septo interventricular, o transitorio forame interventricular, que será obliterado na parte membranosa do septo interventricular.
 
[[Ficheiro:Latidos.gif|miniatura|Fluxo sanguíneo a través das válvulas]]
O fluxo sanguíneo que chegchega ao corazón faino por medio do [[Vea|sistema venoso]], e o fluxo que parte do corazón cara ó sistema periferico faino por medio do [[arteria|sistema arterial]]. As aurículas reciben as veas, nas que o sangue presenta un percurso centrípeto, do exterior do organismo ao corazón. Dos ventrículos nacen as arterias nas cales o sangue presenta un percurso centrífugo.{{sfn|Silverthorn|p=424-426|Silverthorn}}
 
Normalmente, as arterias transportan o sangue osixenado (sangue arterial) para ser distribuído aos tecidos, mentres que as veas transportan o sangue desosixenado (sangue venoso) proveniente dos tecidos que consumiron o osíxeno. Como se pode notar, a excepción é a [[arteria pulmonar]] que transporta sangue venoso, non osixenado, car ós pulmóns e as [[vea pulmonar|veas pulmonares]], que transportan ao corazón o sangue arterial (osixenado) proveniente dos pulmóns.{{sfn|Silverthorn|p=424-426|Silverthorn}}
A [[fracción de exección]] ou a cantidade de sangue bombeado con cada latexo é igual a preto de 50-70% do volume telediastólico (cantidade de sangue presente no corazón no final da diástole). A cantidade restante representa unha reserva funcional que o corazón pode bombear se a demanda periférica aumenta.{{sfn|Silverthorn|p=413-415|Silverthorn}}
 
O ciclo cardíaco que leva o corazón do estado de contracción ao estado de repouso e despois de volta ao estado de contracción chámase "revolucciónrevolución cardíaca". O ciclo cardíaco comprende dúas fases esenciais nas cales se desenvolve a actividade do corazón: [[diástole]] e [[sístole]].{{sfn| Silverthorn|p=408-413|Silverthorn}}
 
[[Ficheiro:2023 ECG Tracing with Heart ContractionN.jpg|miniatura|esquerda|A onda P (2), o intervalo PR (3), o complexo QRS (4), o intervalo QT (5), a onda T (6) e o retorno ao punto isoeléctrico (1) e o trazado do ECG están correlacionados a eventos eléctricos e mecánicos da contracción cardíaca. Cada segmento corresponde a un evento do ciclo cardíaco. Os compoñentes individuais do trazado do elettrocardiograma están evidenciados e corresponden ós eventos eléctricos, demostrando a relación entre estes e a contracción do músculo cardíaco.]]
10.308

edicións