Edimburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixe do nome da cidade: Reino de Northumbria
m →‎Old Town: arranxiños
Liña 75:
 
=== Old Town ===
O casco vello ou ''Old Town'' preservou a súa estrutura medieval e moitos dos edificios da [[Reforma Protestanteprotestante]]. Un estremo atópase pechado polo castelo e a arteria principal, pequenas rúas chamadas ''closes'' ou ''wynds'' camiñan outeiro abaixo aos dous lados da rúa principal en forma de encrucilladas. No casco vello da cidade pódense atopar grandes prazas que marcan lugares de importancia como a [[Catedral de Saint Giles]] e as cortes. Outros notábeis sitios de interese son o Museo Real de Escocia, o Surgeons' Hall, a Universidade de Edimburgo, e numerosas rúas subterráneas, reliquias das antigas clases de construción. O plano urbano, típico de moitas cidades de Europa do Norte, é especialmente pintoresco en Edimburgo, onde o Castelo sobresae dende a pena, os restos dun tapón volcánico, e onde a rúa principal se desliza cara abaixo dende un lado da pena.
[[Ficheiro:Edinburgh Victoria Street01.jpg|300px|dereita|miniatura|Victoria Street no casco vello]]
 
Por mor do espazo limitado que daba a estreita cola da pena, ''Old Town'' transformouse nunha das primeiras cidades con apartamentos ou edificios residenciais de varios andares, debido á norma imposta no [[século XV]]. Durante o [[século XIII]] a ''Old Town'' tiña unha poboación de aproximadamente 80.000 residentes. Porén en tempos modernos declinou até os 4.000 habitantes. Hoxe en día na zona viven uns 20.000 habitantes. O número de edificios creceu enormemente debido á vacilación da xente en construír fóra da muralla. Traxicamente, moitos destes edificios foron destruídos polo Gran lume de [[1824]]; a reconstrución da cidade produciu grandes mudanzas do nivel do terreo, o que levou a crear varias pasaxes e rúas por baixo da ''Old Town''.
 
O [[7 de decembro]], de [[2002]], outro gran lume tivo lugar na Old Town consumindo parte da chamada ''Cowgate''. Tamén destruíu o coñecido club de comedia, The Gilded Balloon, e gran parte do Departamento de Informática da Universidade de Edimburgo, incluíndo a biblioteca de IA ([[Intelixencia Artificialartificial]]).
 
=== New Town ===