Wrangel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 107:
En 1926, un equipo de exploradores soviéticos, equipado con tres anos de subministracións, desembarcou na illa de Wrangel. As augas estaban libres de xeo, o que facilitou a súa chegada en 1926, pero os seguintes anos a illa permaneceu bloqueada. Os intentos de chegar á illa por mar foron infrutuosos e temíase que o equipo non sobreviviría ao seu cuarto inverno.
 
En 1929, o rompexeosquebraxeos ''Fyodor Litke'' foi elixido para unha operación de rescate. Navegou a partir de [[Sebastopol]] co capitán [[Konstantin Dublitsky]] ao mando, chegando a [[Vladivostok]] o 4 de xullo de 1929; aí todos os mariñeiros do [[mar Negro]] foron relevados e substituídos por persoal local. Dez días máis tarde, o ''Fyodor Litke'' navegou cara ao Norte, pasando sen complicacións o [[estreito de Bering]], pondo rumbo cara ao [[estreito de Long]] para intentar achegarse á illa desde o sur. O 8 de agosto un voo de recoñecemento informou de que o xeo no estreito era infranqueable, e o ''Fyodor Litke'' dirixiuse ao norte, en dirección á [[illa Herald]]. Non puido escapar ao xeo: o 12 de agosto o capitán apagou os motores para aforrar carbón e tivo que esperar dúas semanas ata que o xeo aliviou a presión. Facendo uns poucos centos de metros ao día, o ''Fyodor Litke'' alcanzou o asentamento o 28 de agosto. O 5 de setembro emprenderon o regreso con todos os exploradores a salvo. Esta operación supúxolle ao ''Fyodor Litke'' a orde da [[Bandeira Vermella do Traballo]] (20 de xaneiro de 1930), así como placas conmemorativas para a tripulación.
 
Na década de 1930, a illa de Wrangel converteuse no escenario dunha estraña historia, cando caeu baixo a cada vez máis arbitraria autoridade de Konstantin Semenchuk, designado o seu gobernador, que controlaba a poboación local e o seu propio persoal, por medio da extorsión e o asasinato. Prohibiu aos nativos cazar [[morsa]]s, o que os puxo en perigo de inanición. Posteriormente, foi implicado na misteriosa morte dalgúns dos seus opositores, incluído o médico local. O posterior xuízo en [[Moscova]] en xuño de 1936 condenou á morte Semenchuk acusado de "bandidaxe" e da violación da lei soviética.