Conversa:Era cuaternaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
 
Liña 38:
::Sí, pois xa me dirás cal é a diferenza entre Idade Media e período Xurásico (xurásico?). Está claro que a palabra funciona como adxectivo e debe ir con minúscula en frases como "nos estratos xurásicos de Arizona encóntranse fósiles de dinosauros". Pero non está tan claro en "no período Xurásico (ou xurásico?) abundaban os dinosauros", porque aquí funciona como nome do período, non como adxectivo. Formalmente a palabra orixínase como adxectivo, tanto en "o Xurásico" coma en "período Xurásico" (xurásico?), xa que a palabra se formou a partir do nome das montañas do Xura en Alemaña, pero a pesar desa orixe funciona neses casos como o nome propio do período ou era, non como un atributo do período ou era. As autoridades que marcan a nomenclatura xeolóxica e estratigráfica escríbenos con maiúscula, pero os idiomas oficiais que utilizan son o inglés e francés, pero a RAG parece que decidiu facer o mesmo que en castelán. Haberá que aterse ao que diga a RAG, pero a RAG xa cambiou en moitas ocasións os seus ditames en moitas cousas. Teño diante o libro de ''Geología Física'' de Strahler (tradución en castelán) e nel usan era Cenozoica, período Jurásico etc. con maiúscula seguindo a norma científica da Comisión Internacional de Estratigrafía (ICS) e a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS), polo que tampouco en castelán se respecta iso en textos científicos (ao mellor nunha novela si).--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 22 de xullo de 2017 ás 12:23 (UTC)
 
O único que se me ocorre é que manteñan unha analoxía entre período medieval e período xurásico como unha composición de termos independentes e, en cambio, ven a Xurásico e Idade Media como os nomes oficiais e asentados para os períodos xeolóxico e histórico correspondentes. Tamén cómpre sinalar que a ''Ortografía'' di: "Si el periodo se designa mediante un sustantivo genérico (era, periodo) seguido de un adjetivo, '''se recomienda escribir''' ambos elementos con minúscula inicial: la era cenozoica, la era cuaternaria, el periodo carbonífero", polo que se trata para o castelán dunha recomendación (inda que non menciona a alternativa "menos recomendable" de escribir o adxectivo en maiúscula). Independentemente, penso que temos que adaptarnos ao que a RAG vaia ditaminando e no caso de que o cambien pois volvemos cambialo.--[[Usuario:Isili0n|Isili0n]] ([[Conversa usuario:Isili0n|conversa]]) 22 de xullo de 2017 ás 13:00 (UTC)
Volver á páxina "Era cuaternaria".