Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 256:
Carlos IV morreu en [[1378]]. Durante o reinado do seu fillo, o rei [[Venceslau IV de Bohemia|Venceslau IV]] ([[1378]]-[[1419]]), produciuse un período de intensa axitación. Durante a [[Semana Santa]] de [[1389]], os membros do clero de Praga acusou aos [[xudeus]] de profanar a Hostia (oblea eucarística) e alentaron ás multitudes a saquear, desvalixar e queimar o barrio xudeu. Case toda a poboación xudía de Praga (3.000 persoas) morreu.<ref>{{cita web|url=http://www.everything2.org/title/The%2520Prague%2520Pogrom%2520of%25201389 |editor=Everything2 |título=The Prague Pogrom of 1389 |dataacceso=16 de xuño de 2009}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.prague.cz/jewish-quarter/ |editor=prague.cz |título=The former Jewish Quarter in Prague |dataacceso=16 de xuño de 2009}}</ref>
 
[[Jan Hus]], [[teoloxía|teólogo]] e reitor da Universidade Carolina, predicou en Praga; en [[1402]], comezou a dar sermóns na Capela de Belén. Inspirado por [[John Wycliffe]] (percusor da [[Reforma Protestanteprotestante]]), estes sermóns centrábanse no que se consideraban reformas radicais dunha Igrexa corrupta. Despois de volverse demasiado perigoso para a organización política e relixiosa, Hus foi citado ante o Consello de Constanza e sometido a xuízo por [[herexía]], sendo finalmente queimado na fogueira na propia [[Constanza]] en [[1415]].
 
Catro anos máis tarde tivo lugar a [[Defenestracións de Praga|Primeira Defenestración de Praga]], cando o pobo se rebelou baixo o mando do sacerdote praguense Jan Želivský. A morte de Hus, xunto co proto-[[nacionalismo]] checo e proto-[[protestantismo]], estimulou as [[guerras husitas]]. Os campesiños rebeldes, encabezados polo xeneral Jan Žižka, xunto coas tropas husitas de Praga, derrotaron ao [[Sexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico|Emperador Sexismundo]], na Batalla de Vítkov.