Pedro, conde de Barcelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
O legado cultural do [[conde de Barcelos]] é un dos máis importantes da [[Idade Media]] [[Península Ibérica|peninsular]]. D. Pedro foi certamente o compilador (ou polo menos o último compilador) das cantigas dos [[Trobadorismo|trobadores galego-portugueses]]. No seu testamento deixa ub ''Livro de Cantigas'' ao seu sobriño, [[Afonso XI de Castela]], que se pensa é o arquetipo dos [[cancioneiros]] [[manuscritos]] que chegaron até nós; ese cancioneiro nunca chegou á posesión de [[Afonso XI]] e non se sabe do seu paradeiro. Excelente trobador, D. Pedro deixou catro [[cantigas de amor]] e seis [[cantigas de escarnio]], onde o humor (coa malicia característica do xénero) se alía a un notábel sentido rítmico e musical.
 
De Lalim terían aínda saído dúas outras obras fundamentais da historia e cultura galego-portuguesas. Unha é o chamado ''[[Livro de Linhagens do conde D. Pedro]]'' (1340-1344), unha recompilación da xenealoxía das principais familias nobres de Portugal inseridas no contexto peninsular e universal. A outra obra debida ao conde é a ''[[Crónica Geral de Espanha de 1344|Crónica Xeral e Crónica e Castela]]'', unha crónica histórica en que é descrita a historia dos varios reinos ibéricos e da [[Reconquista]], enfatizándose o papel dos reis portugueses na cruzada contra o [[Islámislam]]. Os dous libros son de alta cualidade narrativa e representan puntos altos da prosa medieval galego-portuguesa.
 
O recoñecemento da cualidade da obra de D. Pedro na Idade Media é evidenciado polo feito de que tanto o ''Livro de Linhages'' como a ''Crónica'' sufriron varios acrecentos posteriores en Portugal e foron traducidas varias veces ao [[Lingua castelá|castelán]]. Até a actualidade os investigadores continúan estudando a obra do conde tanto polos datos historiográficos como polo seu nivel narrativo.