Circe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 2:
'''Circe''' (''Kírke'', Κίρκη) foi unha bruxa mítica mencionado por [[Homero]], que a considera unha [[deusa]], filla de deus [[Helios]] e da ninfa [[Perseis]]. O seu irmán foi [[Eetes]], rei da [[Cólquida]] e a súa irmá foi [[Pasífae]], a raíña de [[Illa de Creta|Creta]].
 
Vivía na [[illa]] de Eea (''Aeaea'') e cando [[Ulises]] chegou, Circe, que convertera ós seus compañeiros en [[Porco|porcosporco]]s, sentiuse atraída polo [[heroe]], ó cal conveceu de pasar un ano na illa. Cando quixo saír, ordenoulle agardar mentres ía ó submundo para consultar a Tiresias. Á súa volta, alertouno dos perigos que aínda lle agardaban e dixéronse adeus.
 
Segundo [[Hesíodo]], tivo dous fillos con [[Ulises]]: Telégono e Casífone. Outra tradición di que tivo tres fillos: Agrio. Tamén se lle atribúen aventuras co rei latino [[Pico (mitoloxía)|Pico]] e con [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], con quen concibiu o deus [[Fauno]].
 
== Circe descrito por Homero ==
No gran poema épico da [[Odisea]], escrita polo grego [[Homero]], Circe encóntrase coa tripulación da nave do protagonista, [[Ulises]] cando desembarcan na illa de Eea. Vive nunha espléndida casa no centro, e está rodeada por animais salvaxes que non se comportan como tal, como leóns e lobos que ela mantén drogados para convertelos en animais domésticos.<ref>{{Cita libro|apelido=Homero|título=Odisea|páxinas=10, 212}}</ref> Ó ver os estraños, Circe deixa de lado o seu tear e convídaos para unha comida. A comida consiste nunha comida típica grega: carne de cocido con queixo, acompañado de mel e viño. Os convidados son conscientes de que nas copas, ademais de viño, Circe puxo un das súas beberaxes máxicas e cando a beben acaban transformándose en porcos. Só Euríloco se salva, porque sospeitaba das intencións de Circe, e non bebera do seu vaso. Euríloco marcha disimuladamente a buscar a axuda de Ulises e uns poucos homes, que quedaran vixiando o barco. Todos xuntos, cruzan a illa para rescatar ós seus compañeiros. Polo camiño son interceptados por [[Hermes]], enviado por [[Zeus|Zeus,]], que os aconsella sobre como tratar coa bruxa. Dilles que hai unha planta de nome μῶλυ ''(moly)'', que serve como antídoto dos seus feitizos. Tamén lle aconsella que quite a espada e que se Circe o convida a compartir a súa cama, que sexa moi coidadoso ou podería perder a súa masculinidade.
Cando Ulises visita a Circe, seguiu tódolos consellos mais non lle foi fácil librarse dos encantos da bruxa e queda na illa durante un ano. Antes de marchar, Circe, que coñece moi ben o mar, proponlle dúas rutas para regresar a [[Ítaca]]: Navegan cara as illas marabillosas Planctae, ou cruzando o [[Estreito de Messina]] enfrontándose ó remuíño de nome [[Caribdis]].<ref>{{Cita libro|apelido=Homero|título=Odisea|páxinas=10, 475-541}}</ref><ref>{{Harvnb|Michael Gibson|pp=148-149}}</ref>