Variacións solares: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Variación a longo prazo: arranxiño |
m →Variación a longo prazo: arranxiño |
||
Liña 8:
É evidente que a temperatura media da [[Terra]] depende, en gran medida do [[fluxo]] de [[radiación]] solar que chega. Poderíase pensar que o [[clima]] tamén pode verse influído polo sol na mesma medida, pero non é así. O sol é unha [[Estrela (astronomía)|estrela]] de [[clasificación estelar|tipo]] G, en fase de [[secuencia principal]], moi estable, polo que o seu fluxo mantense case constante no tempo. O fluxo de [[radiación]] é, ademais, o motor dos [[fenómenos atmosféricos]] xa que aporta a enerxía necesaria á [[atmosfera]] para que estes se produzan. Pero, debido a que ese aporte de [[enerxía]] case non varía no tempo, non se considera que sexa unha contribución importante para a variabilidade climática.
Malia todo, o Sol si inflúe a moi longo prazo. Calculouse mediante modelos numéricos que un aumento dun 1% no seu [[brillo]] provocaría que a temperatura media atmosférica subise un ou dous graos, segundo o modelo. Sábese, ademais, que a [[luminosidade]] solar aumenta co tempo, un 10% cada 1.000 millóns de anos, debido a que a [[presión]] no interior do [[Sol]] tamén aumenta para compensar o paulatino esgotamento do [[hidróxeno]] ''(ver [[evolución estelar]])''. Estes incrementos de luminosidade aínda que son
== Manchas solares e actividade solar ==
|