Efecto invernadoiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxiños​
Liña 3:
Denomínase '''efecto invernadoiro''' á absorción, por parte da [[atmosfera terrestre|atmosfera]], de emisións [[radiación infravermella|infravermellas]] impedindo que escapen ó espazo exterior aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta.
 
O '''efecto invernadoiro''' evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra co cal se produce o ''efecto de invernadoiro''. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. Actividades como a queima de [[combustible fósil]] emiten gases (especialmente, [[dióxido de carbono]], CO<sub>2</sub>) que actúan impedindo que escape a calor. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o [[quentamento global]]. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os [[CFC|clorofluorocarburos]] ([[CFC]]), o [[metano]], os [[óxido nitroso|óxidos nitrosos]] e o [[ozono]].
 
== Fundamentos ==
Liña 36:
 
== Efecto invernadoiro na atmosfera de Venus ==
De tódolos planetas do [[sistema solar]], [[Venus (planeta)|Venus]] é o que ten un efecto invernadoiro máis intenso debido á densidade e composición da súa atmosfera, xa que contén un 96% de CO<sub>2</sub> e ten unha presión superficial de 90 bar. Nestas condicións a superficie acada temperaturas de ata 460&nbsp;°C. Cando comezou o estudo da atmosfera de Venus nas décadas de 1960-70, xurdiron os primeiros sinais de alarma sobre un posible efecto invernadoiro na [[Terra]] provocado polo aumento da concentración de dióxido de carbono na atmosfera. Sendo ambos os planetas xeoloxicamente moi similares a súa principal diferenza áchase na inmensidade do efecto invernadoiro en Venus.
 
== Véxase tamén ==