Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: arranxiño
Foi no século II a. C. cando o astrónomo grego [[Hiparco]] tentou facer o primeiro cálculo coñecido da distancia entre a [[Terra]] e o [[Sol]], aproveitando as eclipses totais da [[Lúa]]. O seu método, porén, era bastante impreciso e deu valores equivocados.
 
No inicio do [[século XVII]], a determinación da distancia da Terra ao Sol era a máis importante da astronomía, e [[Edmund Halley]] propuxo un método baseado na [[paralaxe]] da observación de dous astrónomos situados distantes un do outro a observar o [[tránsito]] de [[Venus (planeta)|Venus]] sobre o disco solar para avaliar mellor esta distancia. Non obstante, dada a infrecuencia do fenómeno, só en [[1631]] e [[1639]] ocorreu ese fenómeno e, entón, foi posible aplicar o método de Halley para calculala, dando un valor de preto de 150 millóns de quilómetros.
 
Actualmente, utilízanse modernos métodos de deflexión de ondas de radio para determinación máis precisa desta distancia (utilizase un radiotelescopio, p. ex. o de Arecibo para emitir unha onda de radio cara a estrela, neste caso o Sol, e calcúlase a distancia segundo o tempo de demora na recepción do sinal de rebote).
101.318

edicións