Nebulosa protosolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 7:
A hipótese nebular baséase na observación de que todos os planetas orbitan ao redor do Sol no mesmo sentido e sobre un mesmo plano denominado [[eclíptica]] con lixeiras inclinacións con respecto a esta. Ademais, o plano da eclíptica coincide de maneira aproximada co [[ecuador]] solar.
 
Pénsase que as lúas dos planetas xigantes formáronse nun proceso semellante crecendo a partir dun disco de acrecemento que alimentaba de masa os planetas na súa formación. Pola contra actualmente considérase que a formación da [[Lúa]] aconteceu de maneira moi diferente tras o impacto cun [[protoplaneta]] do tamaño de [[Marte (planeta)|Marte]]. Así mesmo algunhas lúas doutros planetas que viran en órbitas retrógradas ou caóticas considérase que son [[asteroide]]s ou [[cometa|núcleos cometarios]] capturados máis recentemente.
 
As diferenzas de composición química e [[isótopo|isotópica]] dos diferentes corpos do sistema solar permiten explorar as condicións iniciais na nebulosa solar. Estímase que a masa mínima necesaria para formar os planetas a partir do material presente na nebulosa solar considerando unha composición de elementos lixeiros ([[hidróxeno]] e [[helio]]) e elementos pesados