Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Terapia: plural
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Vascularización: penso que a frase enténdese mellor así
Liña 180:
Na superficie do corazón pódese observar a [[circulación coronaria|arteria coronaria]] da [[arteria coronaria dereita|dereita]] e da [[arteria coronaria esquerda|esquerda]] que se orixinan da [[aorta ascendente]]; as arterias coronarias ramifícanse abastecendo todo o corazón ata o ápex.{{sfn|Fiocca|p=189-277|fiocca}}
 
A arteria coronaria esquerda é a principal arteria do corazón, e inclúe a arteria descendente anterior (tamén coñecida como interventricular anterior), a arteria circunflexa e a máis pequena, inconstante, arteria intermedia; a arteria coronaria dereita dá orixe corrente arriba á arteria do [[nódulo sinusal]] e ás arteríolas atriais, e corrente abaixo ó ramo interventricular posterior, alén dalgúns vasos menores. As arteríolas que irrigan os ventrículos penetran no miocardio no cal terminan formando pequenos fíos.{{sfn|Fiocca|p=189-277|fiocca}}{{sfn|Testut e Latarjet|pp= 580|Testut-Latarjet}}. Os canais colaterais permiten a comunicación entre a arteria principal e as súas ramificacións, ou entre as dúas arterias coronarias, a través dos ''vasa vasorum''{{sfn|Testut e Latarjet|pp= 584|Testut-Latarjet}}; en caso de que se determinase un gradiente presor, a través dunha [[estenose]] dos grosos ramos do [[epicardio]], un gradiente presor, a canle colateral pódese dilatar co tempo e fornecer un fluxo hemático máis alá da obstrución.{{sfn| Hurst|p=48-78|Hurst}}
 
Pódese resumir do seguinte xeito: a arteria coronaria esquerda irriga dous terzos do corazón que alcanza case todo o ventrículo esquerdo, a parte anterior do [[septo ventricular|septo interventricular]] e unha pequena parte do [[ventrículo dereito]]{{sfn|Fiocca|p=189-277|fiocca}}; a arteria coronaria dereita irriga a maior parte do ventrículo dereito, a parte posterior do septo e unha boa parte da parede posterior do ventrículo esquerdo. Os músculos papilares son alcanzados por ambas as arterias, mentres que o sistema de condución eléctrica do corazón é prevalentemente, se non totalmente, irrigado a partir da arteria coronaria dereita.{{sfn|Fiocca|p=189-277|fiocca}}