Diferenzas entre revisións de «Puberdade»

(chíos)
A [[hormona]] dominante no desenvolvemento feminino é o [[estradiol]], un [[estróxeno]]. Mentres o estradiol promove o crecemento de [[mama]]s e do [[útero]], é tamén a principal hormona condutora do crecemento pubertal e da maduración [[epífise|epifiseal]].<ref>cita xornal |author=MacGillivray MH, Morishima A, Conte F, Grumbach M, Smith EP |title=Pediatric endocrinology update: an overview. The essential roles of estrogens in pubertal growth, epiphyseal fusion and bone turnover: lessons from mutations in the xenes for aromatase and the estrogen receptor |journal=Horm. Res. |volume=49 Suppl 1 |issue= |pages=2?8 |year=1998 |pmid=9554463 |doi=</ref> Os niveis de estradiol soben máis cedo ou quedan máis tempo nas mulleres que nos homes <ref>[http://web.archive.org/web/20040428084050/http://www.esoterix.com/files/expected_values.pdf levels].</ref>.
 
====Crecemento do pelo púbico====
O [[pelo púbico]] é polo xeral a segunda manifestación da puberdade. Tamén é denominada [[pubarquia]], e os pelos poden verse por primeira vez ao redor dos [[Vaxina|labios]] maiores. Aproximadamente nun 15% das nenas o pelo púbico aparece aínda antes de que os seos empecen a desenvolverse.
 
====Cambios na [[vaxina]], no [[útero]], e nos [[ovarios]]====
A [[membrana mucosa]] da vaxina tamén cambia en resposta dos niveis ascendentes de estróxenos, engordando e adquirindo unha cor rosácea <ref>Gordon (2005), p. 151</ref>. Tamén as características secrecións abrancazadas son un efecto normal dos estróxenos.
 
====Inicio da menstruación e fertilidade====
O primeiro sangrado [[menstruación|menstrual]], tamén coñecido como [[menarquia]] aparece ao redor dos 10 aos 16 anos como media. Os períodos menstruais ao comezo case nunca son regulares e mensuais durante os primeiros anos <ref name="Marshall1867">Marshall (1986), p. 186–7</ref>. A [[ovulación]] é necesaria para a fertilidade e pode ou non presentarse nos primeiros ciclos.
 
====Cambio na forma pélvica, redistribución da graxa e composición corporal====
Durante este período, tamén en resposta aos niveis ascendentes de estróxeno, a metade inferior da [[pelve]] ensánchase (provendo un [[canle de nacemento]] máis ancho). Os [[Tecido adiposo|tecidos adiposos]] aumentan a unha maior porcentaxe da composición corporal que nos homes, especialmente na distribución típica nas mulleres das [[mama]]s <ref name="Marshall187">Marshall (1986), p. 187</ref>, cadeiras e coxas. Isto produce a forma corporal típica da [[muller]] <ref name="Marshall188">Marshall (1986), p. 188</ref>.
 
====Crecemento do pelo facial e corporal====
Nos anos e meses posteriores á aparición do pelo púbico <ref>cite journal |author=Tanner JM, Davies PS |title=Clinical longitudinal standards for height and height velocity for North American children |journal=J. Pediatr. |volume=107 |issue=3 |pages=317?29 |year=1985 |pmid=3875704 |doi=</ref> outras áreas da pel desenvolven pelo máis denso aproximadamente na secuencia seguinte: pelo axilar, pelo perianal, pelo encima dos beizos e pelo periareolar. Pelo estimulado principalmente polos estróxenos e completado polos andróxenos.
 
====Aumento de estatura====
O crecemento é inducido polos estróxenos e comeza aproximadamente ao mesmo tempo que os primeiros cambios nos seos, ou ata uns cantos meses antes, facéndoo unha das primeiras manifestacións da puberdade nas nenas. O crecemento das pernas e os pés acelérase primeiro. A taxa de crecemento tende a alcanzar a súa velocidade máxima (tanto como 7,5-10 centímetros anuais).
 
====Cheiro corporal, cambios na pel e acne====
Niveis ascendentes de [[andróxeno]]s poden cambiar a composición de [[ácido graxo|ácidos graxos]] da [[transpiración corporal|transpiración]], resultando nun [[cheiro corporal]] máis "adulto". Isto a miúdo ocorre un ou máis anos antes que a [[telarquia]] e a [[pubarquia]]. Outro efecto inducido polos andróxenos é o aumento na secreción de aceite ([[graxa|sebo]]) na pel e cantidades variables de [[acne]]. Este cambio incrementa a susceptibilidade ao acne, que é un trazo característico da puberdade, variando en severidade.
 
[[Ficheiro:Malepuberty.jpg|miniatura|250px|Desenvolvemento androxénico do cabelo no corpo masculino]]
 
====Desenvolvemento da musculatura====
Formación do corpo de adulto.
 
====Crecemento dos testículos====
O crecemento dos [[testículo]]s é unha das primeiras características polas cales un neno pódese dar conta de que está entrando na puberdade xa que estes aumentan de tamaño <ref>Marshall (1986), p. ?</ref><ref name=lee02>{{cite journal |author=Lee PA, Reiter EO |title=Genital size: a common adolescent male concern |journal=Adolescent medicine (Philadelphia, Pa.) |volume=13 |issue=1 |pages=171–80, viii |year=2002 |pmid=11841963}}</ref>.
 
====Pelo púbico nos nenos====
O [[pelo púbico]] adoita ser de entre as primeiras cousas que ocorren cando un neno alcanzou a puberdade. Aparece primeiramente ao redor da base do pene cunha cor clara, ata facerse máis grosos e rizados; tamén a súa cor faise máis escura e van nacendo máis e máis ata que cobren os xenitais.
 
====Pelo corporal====
O eixe hipotálamo-hipófise-adrenal é o primeiro eixe que se ve afectado na puberdade. Empézanse a xerar hormonas tales como a [[androstenediona]] e [[dihidrotestosterona]] (DHT) ao redor dos 7/8 anos. Esta actividade elevada do eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal coñecida como "[[adrenarquia]]" dá lugar á aparición do pelo púbico, pelo axilar, pelo facial ([[barba]] e [[bigote]]), pelo nas pernas e brazos, unha liña de pelo que se estende desde a [[pube]] ata o [[embigo]], e no peito entre outras zonas.
 
====Emisión nocturna====
Durante o súa puberdade e adolescencia, o neno pode ou non experimentar a súa primeira [[emisión nocturna]], tamén coñecida como ''soño húmido'' ou polución nocturna. Normalmente é unha expulsión de [[seme]], realizada cando o neno dorme e ten soños frecuentemente asociados con [[sexo]] ou simplemente polo rozamento do pene coa roupa. Desde ese momento o púber pode fecundar un óvulo.
 
====Crecemento do pene====
Como se viu antes no púber o primeiro cambio que ocorreu foi o crecemento dos testículos antes que o [[pene]] <ref name=jonessmiths>{{Cita libro |author=Jones, Kenneth W. |title=Smith's Recognizable Patterns of Human Malformation |publisher=Elsevier Saunders |location=St. Louis, Mo |year=2006 |pages= |isbn=0-7216-0615-6}}</ref>. Aínda que 14-15&nbsp;[[Centímetro|cm]] é posiblemente unha talla media de adultos, varía moito na poboación normal.<ref>Marshall (1986), p. 180</ref>
 
====Engrosamento da voz====
Cando un adolescente está na etapa do desenvolvemento físico, dase o crecemento da [[larinxe]] e as súas cordas vocais tórnanse máis grosas de maneira que a voz da persoa quede grosa e masculina. Este crecemento vai por períodos e pode ser que ó principio lle saian os chamados "chíos" ó falar, logo a voz vaise tornando máis grave e vese que no colo comeza a sair a [[noz de Adán]].
 
====Cheiro corporal====
Alcanzada a puberdade, o neno comeza a expulsar cheiros característicos, especialmente tralo exercicio físico. A expulsión de [[suor]] por parte das [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]] aumenta na puberdade, o cal convértese, aínda que non decisivamente, nun factor importante que contribúe ao [[cheiro]] corporal. Este cheiro adoita cualificarse como desagradable e a súa intensidade pode variar de persoa a persoa e de momento en momento.
 
====Crecemento en estatura====
O neno que alcanzou a puberdade entra nun novo proceso de crecemento en estatura dunha duración maior ao das nenas. Este proceso de crecemento usualmente dura ata os 19 anos de idade en homes, 16 en mulleres. Porén, o crecemento de talla pode observarse ata os 20 anos.
 
92.815

edicións