Karl Marx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 46:
* A filosofía de [[Licurgo (lexislador)|Licurgo]], incluíndo a redistribución igualitaria e efectiva dos recursos (terra), e a igualdade da cidadanía.<ref>Plutarco, [http://classics.mit.edu/Plutarch/lycurgus.html biografía de Licurgo].</ref><ref>Xenofonte, [https://stacitiesbaad.files.wordpress.com/2012/05/xenophon-spartan-society.doc sociedade espartana].</ref>
* A filosofía de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel]].<ref name=":0">Calhoun 2002, pp. 120-23.</ref>
* A política económica clásica de [[Adam Smith]] e [[David Ricardo]].<ref name=":1">Howard J. Sherman (1995). [https://books.google.com/books?id=TTZf31HIJKsC&pg=PA5 ''Reinventing marxism'']. JHU Press. p. 5. <nowiki>ISBN 978-0-8018-5077-6</nowiki>. Consultado o 7 de marzo de 2011.</ref>
* O pensamento socialista francés,<ref>Howard J. Sherman (1995). [https://books.google.com/books?id=TTZf31HIJKsC&pg=PA5 ''Reinventing marxism'']. JHU Press. p. 5. <nowiki>ISBN 978-0-8018-5077-6</nowiki>. Consultado o 7 de marzo de 2011.</ref> en particular o pensamento de [[Jean-Jacques Rousseau]], [[Henri de Saint-Simon]], [[Pierre-Joseph Proudhon]] e [[Charles Fourier]].<ref>Peter Beilharz (1992). [https://books.google.com/books?id=dJc9AAAAIAAJ&pg=PA4 ''Labour's Utopias: Bolshevism, Fabianism and Social Democracy'']. CUP Archive. p. 4. <nowiki>ISBN 978-0-415-09680-5</nowiki>. Consultado o 7 de marzo de 2011.</ref><ref name=":2">Barry Stewart Clark (1998). [https://books.google.com/books?id=3bJHvA1H-2kC&pg=PA57 ''Political economy: a comparative approach'']. ABC-CLIO. pp. 57–59. <nowiki>ISBN 978-0-275-96370-5</nowiki>. Consultado o 7 de marzo 2011.</ref>
* O temperán materialismo filosófico alemán entre os [[novos hegelianos]], particularmente os de [[Ludwig Feuerbach]] e [[Bruno Bauer]], así como o materialismo francés de finais do século XVIII, incluíndo [[Denis Diderot|Diderot]], [[Claude Adrien Helvétius]] e [[Barón de Holbach|d'Holbach]].
* A análise da clase traballadora de [[Friedrich Engels]], así como as descricións de clase temperás dos liberais franceses e dos sansimonianos como [[François Guizot]] e [[Augustin Thierry]].
* A orixe xudía de Marx é considerada formativa tanto para a súa actitude moral<ref>Eaglelton, Terry ''Why Marx Was Right'' Yale University Press, 2011, p. 158.</ref> coma a súa filosofía materialista.<ref>Seigel, Jerrold ''Marx's Fate'' Princeton University Press, 1978, pp. 112-19.</ref>
O punto de vista de Marx sobre a historia, o cal foi chamado [[materialismo histórico]] (de xeito controvertido adaptado como a filosofía do [[materialismo dialéctico]] por Engels e Lenin), amosa sen dúbida a influencia da afirmación de Hegel de que un debería ver a realidade (e a historia) [[Dialéctica|dialecticamente]].<ref name=":0" /> No entanto, Hegel pensou en termos idealistas, poñendo as ideas por diante, mentres que Marx buscou reescribir a dialéctica en termos [[Materialismo|materialistas]], defendendo a primacía da meteria sobre a idea.<ref name=":0" /> Mentres Hegel viu o espírito como o condutor da historia, Marx viu isto como unha mistificación innecesaria que escurecía a realidade da humanidade e as súas accións físicas que daban forma ao mundo. Escribiu que o hegelianismo ergueu o movemento da realidad na súa cabeza e que un precisaba colocalo sobre os seus pés.<ref name=":0" /> A pesar de non lle gustar os termos místicos Marx empregou unha lingua [[Narrativa gótica|escura]] en varios dos seus traballos. En ''[[Das Kapital]]'' el refírese ao capital como a «[[nigromancia]] que arrodea os produtos do labor».
 
Inda que se inspirou nos socialistas franceses e o pensamento sociolóxico,<ref name=":1" /> Marx criticou os [[Socialismo utópico|socialistas utópicos]] argumentando que as súas comunidades socialistas de pequena escala estarían limitidas á marxinación e á pobreza, e só un cambio a grande escala no [[sistema económico]] pode traer o verdadeiro cambio.<ref name=":2" />
 
A outra contribución importante á revisión de Marx sobre o hegelianismo vén do libro de Engels ''[[Die Lage der arbeitenden Klasse in England]]'', que fixo que Marx concibise a dialéctica histórica en termos de [[loita de clases]] e vise a clase traballadora moderna como a forza máis progresiva para a revolución.
 
Marx cría que podía estudar a historia e a sociedade cientificamente e discernir tendencias da historia e os resultantes conflitos sociais. Algúns seguidores de Marx concluíron, polo tanto, que unha revolución comunista ocorrería inevitablemente. Porén, Marx afirmou na famosa undécima das súas ''Thesen über Feuerbach'' (''Teses sobre Feuerbach'') que «os filósofos só interpretaron o mundo de distintos xeitos; o asunto, con todo, é cambialo», e el dedicouse a tentar cambiar o mundo.
 
== Influencia do seu pensamento ==